1191 [= Tav 85,1]
Ai madre, nunca mal senti[u]

Ai madre, nunca mal senti[u]
nen soub’i que x’era pesar
a que seu amigo non viu,
com’oj’eu vi o meu, falar
con outra; mais, poi-lo eu vi,
con pesar ouvi a morrer i.
E, se molher ouve d’aver
sabor d’amig’ou lho Deus deu,
sei eu que lho non fez veer,
com’a mí fez vee-lo meu,
con outra; mais, poi-lo eu [vi,
con pesar ouvi a morrer i].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1174, V 780

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 365 [= LPGP 576]); Reali (1964: 45-46); Cohen (2003: 409); Littera (2016: II, 38-39).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 269); Braga (1878: 147); Machado & Machado (1956: V, 271).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 106); Torres (1977: 88).

Variantes manuscritas


6 morrer] moirer B

Variantes editoriais


2 soub’i] soubi Nunes, Littera : soube Reali   8 d’amig’ou] d’amigo u Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Ai madre, nunca sufriu nin soubo o que era pesar aquela que non viu o seu amigo, como hoxe eu vin o meu, falar con outra; mais, pois que o vin, houben de morrer con pesar entón.
(II) E, se muller tivo pracer de amigo ou se llo deu Deus, estou segura de que non llo fixo ver, como a min me fixo ver o meu, con outra; mais, pois que o vin, houben de morrer con pesar entón.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= Tav 99:52)

Encontros vocálicos: 6 ouvi‿a; 12 ouvi‿a

Notas


Texto
  • 1

    Esta composición, centrada nos ciúmes da amiga, que ve como o amigo fala con outra, parece directamente relacionada coa cantiga 744, de Afonso Meendez de Besteiros, que presenta un contido moi similar:
              Fals’amigo, per boa fe,
              meu, sei que queredes gran ben
    ​​​​​​​          outra molher e por mí ren
    ​​​​​​​          non dades; mais, pois assi é,
    ​​​​​​​          oimais fazede des aqui
    ​​​​​​​          capa d’outra, ca non de min,


    ​​​​​​​          ca noutro dia vos achei
    ​​​​​​​          falar no voss’e non en al
    ​​​​​​​          con outra, e foi-m’ende mal;
    ​​​​​​​          mais, pois que a verdade sei,
    ​​​​​​​          oimais faze[de des aqui
    ​​​​​​​          capa d’outra, ca non de min].


    ​​​​​​​          E, quando vos eu vi falar
    ​​​​​​​          con outra, log’i ben vi eu
    ​​​​​​​          que seu erades, ca non meu;
    ​​​​​​​          mais quero-vos desenganar:
    ​​​​​​​          oimais fazede [des aqui
    ​​​​​​​          ​​​​​​​capa d’outra, ca non de min].

  • 2

    A deglutinación do adverbio i en soub’i é pertinente para manter o acento na 4ª sílaba.

  • 8

    Cohen (e Littera) segmentou de maneira diferente a secuencia <amigou> de BV, propondo amigo u, que tamén é coherente coa composición (eis a súa paráfrase: «E se uma mulher tivesse a oportunidade de ter o prazer de um namorado, uma vez que Deus lho deu»):
              E, se molher ouve d’ aver
              sabor d’ amigo u lho Deus deu.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado