1177 [= Tav 145,5]
Ora, senhor, [e] mui leda ficade

Ora, senhor, [e] mui leda ficade,
d[e] m’ir pesar non se vos filhe d[e] min,
ca me vou eu e non levo d’aqui
o meu coraçon, e, por Deus, enviade
o vosso migo e faredes bon sén;
se non, ben certa seede, senhor,
que morrerei, tant’ei de vós amor.
 
 
 
 
5
 
 

Manuscritos


B 1164, V 767

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 516); Macchi (1966: 21 [= LPGP 905]); Littera (2016: II, 465).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 265); Braga (1878: 145); Machado & Machado (1956: V, 257).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 215

Variantes manuscritas


2 vos] uos BV   4 coraçon] coracon V   6 certa] cerca BV   7 morrerei, tant’ei de] moirerey < + > de B : morrerey tanrey d V

Variantes editoriais


1 senhor, [e] mui leda] [mha] senhor, mui leda Nunes : senhor, e mui [ben] leda Macchi, Littera   2 se] om. Macchi; min] mi Nunes   4 o] om. Macchi   5 migo] mig(o) Nunes

Paráfrase


(I) Agora, señora, –e ficade moi leda– non teñades pena de min por me eu ir, porque me vou e non levo de aquí o meu corazón, e, por Deus, enviade o voso comigo e faredes o correcto; se non, señora, tende a certeza de que morrerei, tanto é o amor que por vós teño.

Métrica


Esquema métrico: 10’a 11b 10b 11’a 10c 10d 10d

Encontros vocálicos: 4 en·vi·a·de; 5 migo‿o

Notas


Texto
  • *

    Probabelmente esta composición sexa fragmentaria (cfr. a rima c, isolada no texto conservado), feito que impide ter certeza respecto da estrutura métrica da composición.

  • 1

    A integración da copulativa semella menos intrusiva do que o posesivo (Nunes) ou o adverbio (Macchi).

  • 2-4

    A consideración dos vv. 2 e 4 como hendecasílabos, conforme o texto de BV, aforra calquera corrección editorial cal as presentes na edición de Macchi.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado