1149 [= Tav 77,9 (= 77,19)]
Ora van a San Servando donas fazer romaria

Ora van a San Servando donas fazer romaria
e non me leixan con elas ir, ca log’ala iria
porque ven i meu amigo.
Se eu foss’en tal companha de donas, fora guarida,
mais non quis oje mia madre que fezess’end’eu a ida
porque ven i meu amig[o].
Tal romaria de donas vai ala que non á par,
e fora oj’eu con elas, mais non me queren leixar
porque ven i meu amigo.
Nunca me mia madre veja se dela non for vingada,
porque oj’a San Servando non vou e me ten guardada
porque ven i [meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1146, V 738; B 1146a, V 749

Na segunda copia da cantiga falta a estrofa IV nos dous cancioneiros.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 336-337 [= LPGP 507 + LPGP 502]); Cohen (2003: 373 + 385); Littera (2016: I, 584 + 585).

II. Outras edicións: Monaci (1875: 258, 261); Braga (1878: 140, 142); Machado & Machado (1956: V, 218-219); Camargo et alii (1990: 32 e 47); Burgazzi (2015: 33).

III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 79-80); Piccolo (1951: 88); Bernárdez (1952: 102); Nunes (1959: 306-307); Tavares (1961: 57-58); Álvarez Blázquez (1975: 96); Landeira Yrago (1975: 230); Torres (1977: 462); Gonçalves & Ramos (1983: 252); Dobarro Paz et alii (1987: 15); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 119); Mongelli (2009: 140); Souto Cabo (2017: 138).

Variantes manuscritas


1 O(o)ra vā a sā servando / Donas fazer romaria B : Ora uan a san seruando / donas fazer romaria V : Donas vā a sā ƥuando muytasoiē romaria B’ : Donas uan asan seruādo muytas oiē romaria V’   2 Mays nō qis oie mha madr q̅ fossou|hy este dia B’ : mais non quis oie mha madre / que fosseu hy este dia V’   4 Se eu fossental cōpanha de donas fora / De donas fora guarida B’   5 fezess’end’eu] endeu fezesse B’V’   6 meu amig[o]] meu amig B : meu a Vom. B'V'   7 Tal romaria] Atal cōpanha B’ : Atal ꝯpanha V’; non] no B   8 fora oj’eu] forameu oie B’V’   9 om. B’   10-12 om. B’V’   11 non] no V

Variantes editoriais


En Nunes os vv. 1-2 de cada estrofa divíndense en heptasílabos graves. Na edición crítica das cantigas de amigo, Cohen edita tamén a segunda versión do poema, como “Appendix” (Cohen 2003: 385), de igual modo que Littera, que tamén incorpora esa versión como b:
       Donas van a San Servando muitas oj’ en romaria, 
       mais non quis oje mha madre que foss’ eu i este dia, 
       por que ven i meu amigo

       Se eu foss’ en tal companha de donas, fora guarida,
       mais non quis oje mha madre que end’ eu fezesse a ida,
       por que ven i <meu amigo>

       Atal companha de donas vai alá que non á par,
       e fora m’ eu oje con elas, mais non me queren leixar,
       por que ven i meu amigo

Paráfrase


(I) Agora van as donas á romaría de San Servando e non me deixan ir con elas, e eu axiña iría alá porque vén alí o meu amigo.

(II) Se eu fose na compañía das donas sentiríame ben, mais non quixo hoxe a miña nai que fixese esa viaxe porque vén alí o meu amigo.

(III) Tal romaría de donas vai alá que non ten par e iría eu hoxe con elas, mais non me queren deixar (ir) porque vén alí o meu amigo

(IV) Que nunca me vexa a miña nai se non me vingo dela, porque hoxe non vou a San Servando e me ten gardada porque vén alí o meu amigo.

Métrica


Esquema métrico: 15’a 15’a 7’B (I-II, IV [= Tav 26:24]) + 15a 15a 7’B (III)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga ofrece dupla versión en BV. No Cancioneiro da Biblioteca Nacional, a primeira copia aparece no f. 224rv, portando a cifra colocciana 1146; a segunda versión aparece, máis adiante, no f. 246r, repetíndose a cifra, 1146 –a partir de 1152 Colocci repite a numeración das cantigas precedentes–. O Cancioneiro da Vaticana, pola súa parte, recolle o texto no f. 117v e, de novo, no f. 119r. Entre unha e outra versión obsérvanse, ademais da falta da estrofa IV na segunda copia, certas diverxencias textuais que “provide an opportunity to see how a text could be altered, whether by the poet himself, by a performer, or perhaps through oral or written transmission” (Cohen 2003: 373). Malia todo, fornecemos un único texto, consignando as variantes en nota. 

    Un ulterior estudo do conxunto de cantigas que ofrecen esta peculiaridade poderá confirmar ou rexeitar, para todos os casos que se verifican no corpus, quer a edición única quer a dupla (tanto Cohen como Littera editan a segunda versión como texto b, Cohen nun “apéndice” de textos do propio trobador). Para un estado da cuestión, véxase Marcenaro (2015b: 78-79), que indica que a cantiga está ausente en Nunes: “Nunes omette inspiegabilmente entrambe” (p. 79). En calquera caso, a análise das dúas versión parece apuntar a unha versión deterior no caso da copia enviada en segundo lugar, en que, para alén das mudanzas que se introducen no íncipit, desaparece o segundo verso da primeira cobra da versión primeira, substituíndose romaría por companha e omtíndose a última cobra, que recupera a figura da nai, introducindo agora o motivo da garda exercida por esta e o afán da amiga por se vingar dela indo a San Servando. 

  • 1

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado