1132 [= Tav 123,4]
Assanhei-me-vos, amigo, noutro dia

Assanhei-me-vos, amigo, noutro dia,
mais ben o sab’ora Santa Maria
que non foi per vosso mal:
per boa fe, meu amigo, foi por al.
 
 
 
 

Manuscritos


B 1129, V 721

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 323 [= LPGP 806]); Cohen (2003: 356); Littera (2016: II, 336).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 254); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 194).

Variantes manuscritas


3 per] por V

Variantes editoriais


En Nunes e Cohen non se considera existencia de refrán.

2 ben] [mui] ben Nunes   3 que non foi per vosso mal] que, [se eu mi-o fiz], non foi por vosso mal Nunes; per] por Cohen   4 boa] bõa Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Asañeime con vós, amigo, o outro dia, mais ben o sabe agora Santa María que non foi polo voso mal: abofé, meu amigo, foi por outro motivo.

Métrica


Esquema métrico: 11’a 11’a 7b 11b (= Tav 37:33)

Encontros vocálicos: 2 ma·is

Notas


Texto
  • *

    Este texto debe ser un fragmento dunha cantiga máis ampla. Atendendo ás indicacións de B (a marca colocciana de refrán, a maiúscula inicial e a nota tornel), estabelecemos a existencia de refrán nesta composición incompleta.

  • 2

    A contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c) escusa calquera intervención no texto do verso, cal a reintegración de mui realizada por Nunes (nótese tamén a observación de Cohen: “it is difficult to judge where a syllable has been lost”).

    Santa Maria, que tamén aparece nas cantigas 1133 e 1134, talvez aluda a unha ermida en Ver, no concello lugués de Bóveda (Galiza), aínda que tamén podería corresponder a outros lugares denominados Ver no territorio galego-portugués. Cfr. nota a 1131.4.

  • 3

    Obsérvese a intervención editorial de Nunes, que procura um verso de medida similar á dos tres restantes: tal emenda non pode xustificarse ao carecermos doutras estrofas da cantiga.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado