1131 [= Tav 123,1]
Ai Deus, que doo que eu de mí ei

Ai Deus, que doo que eu de mí ei
porque se foi meu amig’e fiquei
pequena e del namorada!
Quando s’el ouve de Julhan a ir,
fiquei, fremosa, por vos non mentir,
pequena e del [namorada].
Ali ouv’eu de mia morte pavor
u eu fiquei mui coitada pastor,
pequena e del na[morada].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1128, V 720

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 322-323 [= LPGP 805]); Cohen (2003: 355); Littera (2016: II, 336).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 253); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 194).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 138); Nemésio (1961 [1949]: 184); Álvarez Blázquez (1975: 54); Landeira Yrago (1975: 113); Jensen (1992: 304); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 204).

Variantes manuscritas


4 Julhan] om. B

Paráfrase


(I) Ai Deus, que dó teño eu de min porque se foi o meu amigo e fiquei pequena e del namorada!

(II) Cando el tivo que se ir de Xullán, en verdade eu, fermosa, fiquei pequena e del namorada!

(III) Alí tiven medo da miña morte cando eu fiquei moi coitada meniña, pequena e del namorada!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 8’B (= Tav 26:79)

Notas


Texto
  • 4

    O amigo marchou de Julhan (tamén na cantiga 1134), talvez unha aldea (act. Xullán) da parroquia de Tuimil, no concello lugués de Bóveda, veciña da parroquia de Ver, de onde sería orixinario o xograr Pero de Veer.

  • 5

    A frecuente frase formularia por non mentir permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), e equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc. Véxase nota a 25.19, 92.6, 113.16.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado