1095 [= Tav 33,5]
Madre, chegou meu amig’oj’aqui

– Madre, chegou meu amig’oj’aqui.
– Novas son, filha, con que me non praz.
– Par Deus, mia madre, gran torto per-faz.
– Non faz, mia filha, ca perdedes i.
– Máis perderei, madre, se el perder.
– Ben lhe sabedes, mia filha, querer!
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1093, V 684

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 58); Radulet (1979: 98 [= LPGP 269]); Cohen (2003: 348); Littera (2016: I, 286).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 241); Braga (1878: 131); Machado & Machado (1956: V, 128).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 74); Pena (1990: 176).

Variantes manuscritas


3 Par Deus] por đs V; gran] g̃ra B

Variantes editoriais


3 Par Deus] Por Deus Nunes, Cohen

Paráfrase


(I) –Madre, chegou o meu amigo hoxe aquí.
–Novas son, filla, que me non pracen.
–Por Deus, miña nai, grande inxustiza facedes.
–Non fago, miña filla, pois perdedes con iso.
–Máis me prexudicarei, madre, se el perde.
–Ben lle sabedes, miña filla, querer!

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c (= Tav 160:45)

Notas


Texto
  • 3

    Por máis que Cohen considere mia madre suxeito de faz –que tamén sería posíbel–, coidamos que debe ser vocativo, co conseguinte reflexo na puntuación.

  • 4

    En Littera, este verso presenta unha articulación interrogativa que non condí co necesario ton enunciativo: Nom faz, mia filha? Ca perdedes.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado