1059 [= Tav 96,5]
Senhor fremosa, que de coraçon

Senhor fremosa, que de coraçon
vos servi sempr’e sé[r]vi’e servirei,
por muito mal que eu lev’e levei
por vós, tenh’eu que seria razon
de mi fazerdes aver algun ben
de vós, senhor, por quanto mal mi ven.
Do vosso talh’e do vosso catar
muit’aposto ven a min muito mal,
e, pois de vós nunca pud’aver al,
razon seria ja, a meu cuidar,
de mi fazerdes aver algun ben
[de vós, senhor, por quanto mal mi ven].
E a mesura que vos quis dar Deus,
e mui bon talh’e mui bon parecer
[.................], por mi a morte tolher,
temp’era ja, lume dos olhos meus,
de mi fazerdes [aver algun ben
de vós, senhor, por quanto mal mi ven].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1057, V 647

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 406-407 [= LPGP 638]); Littera (2016: II, 115-116).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 229); Braga (1878: 124); Machado & Machado (1956: V, 65-66).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 196).

Variantes manuscritas


1 coraçon] coracon B : corazon V   2 sé[r]vi’e] seuhe BV   13 Deus] des V   14 e mui] en mi V

Variantes editoriais


15 [son meu gram mal]; por mh a morte tolher Nunes : [som meu gram mal]; por mi a morte tolher Littera

Paráfrase


(I) Señora fermosa, que de corazón servín sempre e sirvo e servirei, a cambio do moito mal que eu levo e levei por vós, coido que sería moi razoábel facérdesme recibir algún ben de vós, señora, como compensación de canto mal me vén.
(II) Da vosa figura e do voso fermoso ollar vénme a min moito mal, e, xa que de vós nunca puiden obter outra cousa, sería razoábel, segundo eu penso, facérdesme recibir algún ben de vós, señora, como compensación de canto mal me vén.
(III) E o carácter mesurado que Deus vos quixo dar, e o corpo moi ben feito e a gran beleza [...], para me librar da morte, era hora xa, luz dos meus ollos, de me facerdes recibir algún ben de vós, señora, como compensación de canto mal me vén.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:175)

Encontros vocálicos: 2 sé[r]·vi’͜e; 15 mi‿a

Notas


Texto
  • 15

    A lacuna dos manuscritos no inicio do verso (catro sílabas) impide propor unha reintegración con certa marxe de seguranza textual.  Eis unha posíbel reconstrución (cfr. tamén a proposta de Nunes e de Littera):
              E a mesura que vos quis dar Deus,
              e mui bon talh’e mui bon parecer
              [e bon falar]; ...

Buscar
    Non se atopou ningún resultado