1053 [= Tav 63,31]
Ir-vos queredes, amigo

Ir-vos queredes, amigo,
d’aqui por me fazer pesar,
e, pois vos queredes quitar
d’aqui, vedes que vos digo:
quitade ben o coraçon
de min e ide-vos enton.
E, pois vos ides, sabiádes
que nunca maior pesar vi,
e, pois vos queredes d’aqui
partir, vedes que façades:
quitade ben o coraçon
de min e ide-vos enton.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1051, V 641

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 298); Rodríguez (1980: 277 [= LPGP 386]); Cohen (2003: 584); Littera (2016: I, 467).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 228); Braga (1878: 123); Machado & Machado (1956: V, 56); Fernández Pousa (1959: 274).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 48).

Variantes manuscritas


1 vos] uos BV   3 vos] uos BV   4 vos] uos BV   5 quitade] qtad e V; coraçon] roracon B : corazon V   6 vos] uos BV   7 vos] uos BV   9 vos] uos BV; queredes] q̅r̄des V   10 façades] facad’s B : fazađs V   11 ben] de bem B; coraçon] coracon B : corazō V   12 vos] uos BV

Variantes editoriais


11 quitade] partide Cohen

Paráfrase


(I) Queredes marchar de aquí, amigo, por me causar sufrimento, e, pois vos queredes afastar de aquí, vede o que vos digo: apartade ben o corazón de min e ídevos entón.
(II) E, xa que vos ides, sabede que nunca sentín unha pena maior, e, xa que queredes marchar de aquí, vede o que facedes: apartade ben o corazón de min e ídevos entón.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (= Tav 160:421)

Encontros vocálicos: 7 sa·bi͜á·des

Notas


Texto
  • 1-4

    Para alén do íncipit, nótese a coincidencia conceptual e formal (nomeadamente nas rimas) entre os versos da estrofa primeira das cantigas de Joan Airas e mais unha cantiga de Joan Servando (cfr., tamén, outros íncipits similares: Ir-vos queredes, amigo, d’aquen, de Meen Rodriguez Tenoiro, 733.1; Ir-vos queredes, amigo, [d’aqui], de Sancho Sanchez, 941.1):
              Ir-vos queredes, amigo,
              e ei end’eu mui gran pesar,
              ca me fazedes trist’andar
              por vós, eu ben vo-lo digo,
              ca non ei, sen vós, a veer,
              amigo, ond’eu aja prazer:
              e com’ei, sen vós, a veer
              ond’eu aja nen ũu prazer? (1160.1-8).

  • 11

    Tal como Cohen expón na súa edición do cancioneiro de amigo, as marcas coloccianas de refrán, colocadas só para o derradeiro verso das cobras, suxiren que o verso anterior (vv. 5 e 11) non fose idéntico e fose modulado conforme os verbos quitar (estrofa I, v. 3) e partir (estrofa II, v. 10). Se así fose, o texto sería o seguinte:
              Ir-vos queredes, amigo,
              d’aqui por me fazer pesar,
              e, pois vos queredes quitar
              d’aqui, vedes que vos digo:
              quitade ben o coraçon
              de min e ide-vos enton.

     

              E, pois vos ides, sabiádes
              que nunca maior pesar vi,
              e, pois vos queredes d’aqui
              partir, vedes que façades:
              partide ben o coraçon
              de min e ide-vos enton.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado