I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 827-828 [= LPGP 888-889]); Littera (2016: II, 435-436).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 123); Machado & Machado (1950: II, 93); Rios Milhám (2018a: II, 295).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 807-808).
1 Deus] Poys B 6 pois s’esto] Poyss esto B; morrer] moirer B 9 eu] en B 12 bõa] bona B 13 pois s’esto] Poyss esto B 15 vou] non B 16 e] et B 18 non] Nen non B 20 pois s’[esto]] Poyss. B 23 se xo] ssero B
1 Deus ora faz que] Pois ora faz [Deus] qu(e) Michaëlis : Pois ora faz [Deus] que Littera 4 e] om. Michaëlis, Littera 5 min] mi Michaëlis, Littera 6 s’esto] esto Michaëlis, Littera 7 poden] pod’en Littera 13 s’esto] esto Michaëlis, Littera 14 poden] pod’en Littera 15 u vou] en eu Michaëlis 16 e] et Michaëlis 17 veja] vej’, a Michaëlis, Littera; mort’é] morte Littera 18 non deveria] nen non devia Michaëlis : m’en nom devia Littera 20 s’esto] esto Michaëlis 21 poden] pod’en Littera 22 tamben] tan ben Littera 23 se xo] se o Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 139:10)
Encontros vocálicos: 4 moiro,‿e
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.
Do punto de vista semántico e métrico a mellor opción editorial é considerar <Poys> como un erro de copia por <Deus>, de modo que se introduce a necesaria figura divina como suxeito de faz e evítase a sinalefa de que (sobre qu(e) en Michaëlis véxase nota a 18.23); ao mesmo tempo, evítase a expunción da copulativa que introduce dig’ no v. 4, que na versión michaëliana constitúe o verso principal da primeira parte da estrofa.
A repetida aparición no inicio do refrán da secuencia <Poyss esto> indica a presenza do pronome se (omitido en Michaëlis), que confire un certo grao de indeterminación ao contexto que evoca a cantiga (o trobador non morre).
A segmentación introducida por Littera no segundo verso do refrán impide a necesaria concordancia de poden con toda-las cousas.
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
Para a transparencia semántica destes versos hai que sobreentender o verbo vou no v. 16: «... ca u vou cuidar / en qual a vi e (vou) aver a guarir ...». Isto é: ‘... porque cando pense en como a vin e cando viva onde non a vexa a miña morte é’.
A segmentación do artigo para mia mort(e) non é necesaria, pois a presenza deste determinante con estas construcións posesivas é minoritaria na lingua trobadoresca.
A métrica e a sintaxe esixen a expunción de <Nen>, repetición da negación por erro de copia.