535 [= Tav 25,3]
Ai senhor fremosa, por Deus

Ai senhor fremosa, por Deus
e por quan boa vos El fez,
doede-vos algũa vez
de min e destes olhos meus,
que vos viron por mal de sí,
quando vos viron, e por min.
E, porque vos fez Deus melhor
de quantas fez e máis valer,
querede-vos de min doer
e destes meus olhos, senhor,
que vos viron por mal de sí,
[quando vos viron, e por min].
E, porque o al non é ren
senon o ben que vos Deus deu,
querede-vos doer do meu
mal e dos meus olhos, meu ben,
que vos viron por mal de sí,
[quando vos viron, e por min].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 518b, V 121

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 40 [= LPGP 176-177]); Nunes (1972 [1932]: 136-137); Eirín (2015: 158); Littera (2016: I, 188-189).
II. Outras edicións: Moura (1847: 61-62); Monaci (1875: 52); Braga (1878: 24-25); Machado & Machado (1952: III, 97); Júdice (1997: 116); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 42).

Variantes manuscritas


8 de] des V   11 vos] uus V   15 querede] Que tede B

Variantes editoriais


6 min] mi Lang, Nunes, Littera   10 meus] meos Lang   12 min] mi Lang, Nunes, Littera   18 min] mi Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Ai, senhor fermosa, por Deus e polo moi boa que El vos fixo, tende dó de min algunha vez e destes ollos meus, que vos viron para mal deles, cando vos viron, e para o meu.

(II) E porque Deus vos fixo a mellor de cantas fixo e máis valer, querede ter dó de min e destes meus ollos, senhor, [refrán]

(III) E porque o resto non vale nada, agás o ben que Deus vos deu, querede apiadarvos do meu sufrimento e dos meus ollos, meu ben, [refrán].

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:324)

Notas


Texto
  • 6

    En e por min hai que sobreentender e por (mal de) min, en liña con por mal de sí (v. 5).

  • 16

    Meu ben é un vocativo dirixido á senhor, que habitualmente vai en series encadeadas de apelativos. Véxase, por exemplo, Par Deus, senhor e meu lum’ e meu ben, / e mias coitas e meu mui grand’ afan / e meus cuidados ... (810.1-3).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado