(I) Ai, señora fermosa, por Deus e polo moi boa que El vos fixo, tende dó de min algunha vez e destes ollos meus, que vos viron para mal deles, cando vos viron, e para o meu.

(II) E porque Deus vos fixo a mellor de cantas fixo e máis valer, querede ter dó de min e destes meus ollos, señora, que vos viron para mal deles, cando vos viron, e para o meu.

(III) E porque o resto non vale nada, agás o ben que Deus vos deu, querede apiadarvos do meu sufrimento e dos meus ollos, meu ben, que vos viron para mal deles, cando vos viron, e para o meu.