558 [= Tav 25,97]
Que prazer avedes, senhor

Que prazer avedes, senhor,
de mi fazerdes mal por ben
que vos quig’e quer’! E por én
peç’eu tant’a Nostro Senhor:
que vos mud’esse coraçon
que mi avedes tan sen razon.
Prazer avedes do meu mal,
pero vos amo máis ca min;
e por én peç’a Deus assi,
que sabe quant’é o meu mal,
que vos mud’esse coraçon
[que mi avedes tan sen razon].
Muito vos praz do mal que ei,
lume daquestes olhos meus;
e por esto peç’eu a Deus,
que sab’a coita que eu ei,
que vos mud’esse coraçon
[que mi avedes tan sen razon].
E, se vo-lo mudar, enton
poss’eu viver, [e], se non, non.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 541, V 144

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 55-56 [= LPGP 222]); Nunes (1972 [1932]: 180-181); Littera (2016: I, 203).
II. Outras edicións: Moura (1847: 97-98); Monaci (1875: 60); Braga (1878: 29); Machado & Machado (1952: III, 141); Júdice (1997: 137); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


8 ca] da B   9 peç’a] peca   13 praz] prax B

Variantes editoriais


8 min] mi Lang, Nunes, Littera

Paráfrase


(I) Que pracer tendes, señora, en me facerdes mal polo ben que vos quixen e quero! E por iso lle pido eu isto a Noso Señor: que vos mude esa má vontade que me tendes tan sen razón.

(II) Tendes pracer polo meu mal, aínda que vos amo máis que a min mesmo; e por iso lle pido a Deus, que sabe canto é o meu mal, así: que vos mude esa má vontade que me tendes tan sen razón.

(III) Moito vos prace polo mal que eu teño, luz destes ollos meus; e por iso lle pido eu a Deus, que sabe a coita que teño, que vos mude esa má vontade que me tendes tan sen razón.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:335)

Encontros vocálicos: 6 mi‿avedes; 12 mi‿avedes; 18 mi‿avedes

Notas


Texto
  • 8

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado