I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 145-146 [= LPGP 698-699]); Muriano Rodrígueza (1996: 59); Muriano Rodríguezb (1998: 488).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 74); Carter (2007 [1941]: 42); Machado & Machado (1949: I, 277-278).
3 consello, e] conselhe B; -se-] xi B 6 -vos] uos B; ben] om. B 7 de mí] ia demj B 8 morrer] moirer B 9 mort’] morte B 10 poder fillar i] hy poder filhar B 12 mund’; e] mūd(0) . ꞇ A : mūdo B 13 morrerei] morrei A : moirerey B 16 mereci] m’ci B 21 prender] pʷnder A
Michaëlis inclúe (en itálica) a segunda estrofa transmitida por BV na segunda versión da cantiga (UC 1470b).
3 consello] conselh(o) Michaëlis 6 vos] vus Michaëlis 7 vos] vus Michaëlis 9 min] mi Michaëlis, Muriano Rodrígueza, Muriano Rodríguezb 12 mund’] mundo Muriano Rodrígueza, Muriano Rodríguezb 16 vos] vus Michaëlis 17 vos] vus Michaëlis 19 vos] vus Michaëlis 20 vos] vus Michaëlis
(I) Vivo en gran coita, señora, para a que Deus nunca me quixo dar remedio, e quéreme matar, e para min sería mellor; mais para o meu mal se detén, para vos vingar ben de min, miña señora, se vos causo pesar.
(II) E así hei eu de morrer, vendo a miña morte ante min e sen poder adoptar unha solución nin esperala de parte ningunha do mundo; e ben sei, señora, que así morrerei, pois tal é o voso pracer.
(III) E ben o podedes facer se eu vos merecín a morte; mais, por Deus, sede prudente niso, pois todo está nas vosas mans; e, señora, preguntareivos se, polo servizo que vos procurei prestar, hei por iso de recibir morte.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (I [= RM 163:33]) + 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (II-III [= RM 161:265])
Encontros vocálicos: 3 conselho,‿e
Esta composición presenta dupla copia nos cancioneiros. En primeiro lugar, a copia de AB, con tres estrofas, é atribuída a Nuno Rodriguez de Candarei; a segunda, en BV (UC 1470b), baixo a autoría de Joan de Gaia, transmite unha versión de catro estrofas. En xeral, a crítica é coincidente en afirmar que Joan de Gaia, trobador con tendencia ás reelaboracións poéticas, refixo o texto inicial de Candarei (véxanse as edicións de Russo, Muriano Rodríguez, Marcenaro ou González). Neste sentido, esta dupla versión é diverxente a respecto de UC 867 (dúas versións de Airas Nunez) ou 1235 (dúas versións de Pedr'Eanes Solaz).
Alén da estrofa ausente en AB, as diferenzas nas restantes estrofas son escasas, de modo que Carolina Michaëlis de Vasconcelos recolle unicamente unha única versión (a do Cancioneiro da Ajuda coa adición da estrofa de BV). Contrariamente, Littera só edita a versión de BV (con autoría dubidosa) sen a cuarta estrofa.
Nótese como os elementos auxiliares da perífrase aver + a + infinitivo (morrer) está ausente coa aparición do segundo infinitivo no v. 10: E assi ei a morrer ... e nunca (ei a) poder fillar i consello...