Esta cantiga foi feita a un cabaleiro que tiña o nome de Fernán Vaásquez Pimentel, que foi primeiramente vasalo do conde Don Pedro, despois deixouno a el e foi ao servizo de Don Joán Afonso d’Alboquerque, o seu sobriño, e despois deixou a Don Joán Afonso e fíxose vasalo do infante Don Afonso, fillo do rei Don Denis, que despois foi rei de Portugal; e todo isto aconteceu en seis meses.
(I) Como asno na feira se vendeu un cabaleiro tres veces desde o mes de Xuño a Xaneiro, isto é ben certo; mais se no día de hoxe alguén lle der unha maior cantidade, ficará con el gustosamente.
(II) El foi comprado tres veces este ano por tres señores, e ben saben os mellores que non pasaron máis de seis meses, porque el coida que aínda ha de facer medrar o valor da recompensa que recibirá en panos ou en moedas de prata.
(III) Se achase máis señores que os tres que o compraron, non pasaran nin seis meses sen que el ficase con outros máis; mais el segue coa súa teima tentando subir máis cada día, porque el non se deixa sen protección.