1372 [= RM 87,19]
Se m’el-rei dess’algo, ja m’iria

Esta cantiga fez a ũa dona fremosa, que a casaron seus parentes mal por dinheiros.

Se m’el-rei dess’algo, ja m’iria
pera mia terra de [mui] bon grado,
e, se [i] chegasse, compraria
dona fremosa de gran mercado,
ca ja [a] venden, a Deus louvado,
como venderon Dona Luzia
en Orzelhon ora noutro dia.
E u, cuitado, non chegaria
por comprar corpo tan ben talhado!
E [o] astroso que a vendia,
por que mi non enviou mandado?
Fora de cachas encarregado
eu, que comprara Dona Luzia
en Orzelhon do que a vendia!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscripts


B 1354, V 962

Editions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 404); Pellegrini (1969: 34 [= LPGP 598]); Lagares (2000: 154 [rúbrica]); Lopes (2002: 282); Littera (2016: II, 59).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 329); Braga (1878: 181); Machado & Machado (1958: VI, 88-89); Lapa (1964: 14-15); Souto Cabo (2012c: 131).

Manuscript variants


Rúbrica: dinheiros] dinheyrs. V

Texto:
2 terra] teiri(a) B   12 encarregado] en cairegado B   13 eu] En B : en V; comprara] oprara V

Editorial variants


Rúbrica: que a] que Lapa, Lopes

Texto:
En Lapa e Lopes o v. 7 de cada estrofa é considerado refrán.
2 de [mui] bon grado] de bõo grado Lapa : [mui] de bon grado Pellegrini : de bom grado Lopes   3 e, se] e-sse Pellegrini   5 [a] venden] [as] venden Lapa : [as] vendem Lopes, Littera   8 E u, cuitado] [Com’eu] cuitado Lapa : Eu cuytado Pellegrini : [Ao qu’] eu cuitado Lopes; non chegaria] non [i] chegaria Pellegrini   12 encarregado] en carregado Lapa, Littera   13 eu] en Pellegrini   14 do que a vendia] ora noutro dia Lapa

Paraphrase


Fixo esta cantiga por unha dona a quen seus parentes casaron mal por diñeiro.

(I) Se o rei me dese algo, iríame xa para a miña terra de moi boa vontade e, se alí chegase, compraría unha dama fermosa moi barata, porque a venden, louvado sexa Deus, como venderon Dona Luzia o outro día en Orcellón.
(II) E onde non chegaría eu, infeliz, por comprar un corpo tan ben feito! E o desgrazado que a vendía, por que non me enviou recado? Fora negociado ocultamente comigo, que tería comprado Dona Luzia en Orcellón a quen a vendía!

Metrics


Esquema métrico: 2 x 9’a 9’b 9’a 9’b 9’b 9’a 9’a (= RM 80:2)
Encontros vocálicos: 11 en·vi·ou

Notes


Text
  • *

    A cantiga de Lopo Lias parece ter inspirado a composición monoestrófica Ora entend’eu quanto me dizia de Afonso Paez de Braga (UC 853), que reproduce a métrica, as rimas e o aparecemento do nome da dona no texto (véxase González 2012e: 225).
    Por outra parte, a composición revela a existencia de problemas textuais a partir da hipometría detectada na copia de BV dos vv. 2, 3, 5, 8 e 10: a reintegración do artigo (v. 10) ou pronome (v. 5, talvez [as]), os adverbios i (v. 3) e mui (v. 2), todos eles míninos elementos facilmente esquecidos no proceso de copia, fixa o sistemático acento na 4ª sílaba que presenta finalmente a cantiga.

  • 2

    A ausencia de unha sílaba no verso ben pode ser o adverbio mui do repetido sintagma de mui bon grado, que moi frecuentemente é esquecido no proceso de copia, como mostran algunhas pasaxes en que os testemuños son diverxentes (A vs. BV: 400.13, 421.19; B vs. A: 194.4; BV vs. A: 421.13; B vs. V: 1184.3).
    Neste sentido, a opción lapiana por de bõo grado non se rexistra no corpus (nótese a posición proclítica do adxectivo), do mesmo modo que sería inédita a colocación de mui en Pellegrini (*mui de bon grado).

  • 4

    A expresión nominal de gran mercado indica ‘moi barato/a’, igual que de mercado é ‘barato’: 

    conselho-vos que tragades molher
    destas d’aqui se peior non veer,
    a que achardes i máis de mercado (1502.25).

    Probabelmente a expresión de boom mercado, presente en Fernão Lopes, teña o mesmo significado (‘barato, gratuíto, inútil’):

    ElRei, disse ella, nom faria essa cousa e isso ssom pallavras de boom mercado (...) ca mais rrazom he de o dar a elle que sse avemtuirou a tamtos periigos por o deffemder e emparar, que a quem delle fazia tam boom mercado a sseus emmiigos (Crónica de D. João I; CGPA, ed. M. Lopes de Almeida & A. de Magalhães Basto).

  • 5

    A frase formularia a Deus louvado ~ loado (véxase tamén 61.14, 374.3, 706.1, 1440.14, 1585.18), xunto con loado a Deus (1596.3), é equivalente de graças a Deus (só en 1530.23).
    Por outra banda, igual que acontece con oir ~ ouvir (véxase nota a 334.4), a forma loar (< laudāre) é a solución xeral (véxase nota a 496.17) no corpus trobadoresco, mais atéstase tamén a evolución alternativa louvar con ditongo inicial e posterior xeración dunha consoante epentética (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 135b.1). Véxase tamén 334.4, 706.1, 1171.7, 1506.2, 1520.6.

  • 6

    Dona Luzia é persoa sen identificación cos datos de que dispomos (véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Luzia, Dona).

  • 7

    Orzelhon é o “nome de um distrito medieval do actual noroeste ourensano situado numa área a que se vinculam alguns dos mais antigos poetas galego-portugueses” (Souto Cabo 2012c: 115)1 . Véxase a delimitación xeográfica precisa en Marcenaro & González (2024: s.v. Orzelhon).

  • 8

    Acollemos a proposta de lectura de Littera, editorialmente económica e condicente co sentido da pasaxe, baseada na segmentación de <Eu> como E u...

  • 12

    A interpretación da voz cachas en anteriores edicións é, con certeza, diverxente. Lapa apunta “provisoriamente” para o significado de “bofetadas, cachações”, en tanto que Pellegrini declara: «Intendo: “messaggero apertamente (fora de cachas) incaricato di farmi comprare (...) donna Lucia”». Posteriormente, Lopes acepta o apuntamento lapiano, mentres que en Littera, após confirmar que é ocorrencia única nas cantigas, lembra que «a expressão "levar um cacho", no sentido de "levar um murro", ainda existe no Português actual, bem como "cachaporra", moca».
    Achamos que a locución adverbial de cachas (cfr. tamén a cachas en 1489.16) significa ‘ocultamente’, a partir de cacha ‘ficção, dissimulação, engano’ e de fazer cachas ‘fazer alguma coisa para induzir em erro, ou engano’ (cfr. Silva 1789, s.v. cacha).

  1. ^

    Vicenç Beltrán (2009) apunta á identificación deste Orzelhon coa fortaleza castelá de Orcejón (Palencia), dominada polos Lara, de modo que a produción poética de Lopo Lias estaría relacionada cos acontecementos producidos en Castela tras a morte de Henrique I entre 1217 e 2018. Souto Cabo (2012c) argumenta solidamente as dificultades obxectivas para a confirmación de tal hipótese.

Search
    No results