1005 [= Tav 146,4]
Don’á que diz que morrerá d’amor

– Don’á que diz que morrerá d’amor
o voss’amigo se vo-lo veer
non faço, filha; mais quer’eu saber
que perç’eu i se por vós morto for.
– Direi-vos, madr’, as perdas que á i:
perder-s’-á el e poss’eu [i] perder
o corp’, e vós, madr’, o vosso por mí.
– Ai mia filha, entenderá quen-quer
que vos teedes por el sa razon;
mais dized’ora, se Deus vos perdon,
que perç’eu i se x’el morrer quiser.
– Direi-vos, madre, quant’eu entend’i:
perder-s’-á el e perderei enton
o corp’, e vós, madr’, o vosso por min.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 1001, V 590

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional só foron copiados os vv. 1-3.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 301 [= LPGP 908]); Cohen (2003: 343); Littera (2016: II, 460).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 211); Braga (1878: 113); Machado & Machado (1953: IV, 394).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 228).

Variantes manuscritas


1 Don’á] D unha B : Dunha V; morrerá] moirera B   4-14 om. B   11 perç’eu] perzeu V

Variantes editoriais


1 Don’á] Un á Nunes : Muit’á Cohen, Littera   6 poss’eu [i] perder] poss[o] eu perder Littera   8 mia filha] minha filh’ Nunes   9 teedes] tẽedes Nunes   12 entend’i] entendi Cohen   14 min] mi Nunes

Paráfrase


(I) –Hai unha muller que di que o voso amigo morrerá de amor se non permito que o vexades, filla, mais quero saber que perdo eu se el morrese por vós.

–Direivos, madre, as perdas que hai niso: condenarase el e eu podo morrer, e vós, madre, morrer por min.

(II) –Ai miña filla, calquera persoa entenderá que vós defendedes o seu motivo, mais dicide agora, así Deus vos perdoe, que perdo eu se el quixese morrer.

–Direivos, madre, canto eu sei: condenarase el e entón eu morrerei, e vós, madre, morreredes por min.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10c 10b 10C (= Tav 159:1)

Notas


Texto
  • 1

    O íncipit desta cantiga presenta un locus criticus coa lección <Dunha> que foi resolvido de dous modos diferentes: en primeiro lugar, Nunes emenda lixeiramente a lección dos códices para estabelecer Un á que diz..., expresión anómala que ten difícil encaixe no xénero das cantigas de amigo (‘Existe un que di que o teu amigo morrerá de amor...’). Por súa parte, Cohen (seguido por Littera), na edición crítica das cantigas de amigo, fixou a lectura Muit’á que diz..., onde o voss’amigo é o suxeito de diz; sen dúbida, a coherencia semántica é perfecta, mais presenta o inconveniente de non se achar no corpus erros que xustifiquen a emenda de <Dunha> para unha eventual lección <Muita> ou <Muyta> que permitise a lectura Muit’á.
    Perante esta situación, coidamos que o feito de estar documentado o erro <dunha> por dona en B (1499.14), xustifica a interpretación que ofrecemos:
              Don’á que diz que que morrerá d’amor
              o voss’amigo se vo-lo veer
              non faço, filha; ...
    Deste xeito, a cantiga presenta a nai, advertida por unha súa amiga (a dona), que interroga a filla sobre as relacións co amigo e a coita do amante.

  • 6

    A hipometría do verso aconsella a reintegración do adverbio i (poss’eu i perder), en liña coa presenza da indicación espacial e/ou temporal nos vv. 4 (que perç’eu i), 5 (as perdas que á i), 10 (mais dizede ora), 11 (que perç’eu i), 12 (quant’eu entend’i).

  • 12

    A segmentación de entend’i vén condicionado polo sistemático uso do tempo verbal presente ao longo da cantiga: diz, v. 1; faço e quer(o), v. 3; perç(o), v.4; á, v. 5; teedes, v. 9; dizede, v. 10; perç(o), v. 11. A amiga fala, pois, en tempo presente (cfr. especialmente o simétrico verso 5), o mesmo que acontecía na cantiga 1004.19 (e máis vos direi que del entend’i) do mesmo trobador. 

  • 14

    Nótese a variación mí ~ min no refrán (I-II ; II min), en liña coa alternancia das dúas formas na lingua trobadoresca e mais na lingua medieval en xeral. Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado