[last revised: 25/04/2023]Print

1138 [= Tav 22,15]
Quero-vos eu, mia irmana, rogar

Quero-vos eu, mia irmana, rogar
por meu amig’e quero-vos dizer
que vos non pes de m’el viir veer;
e ar quero-vos d’al desenganar:
se vos prouguer con el, gracir-vo-lo-ei,
e, se vos pesar, non o leixarei.
Se veer meu amig’e vos for ben
con el, fiar-m’-ei máis en voss’amor
e sempre m’end’averedes melhor;
e ar quero-vos dizer outra ren:
se vos prouguer con el, gracir-vo-lo-ei,
[e, se vos pesar, non o leixarei].
Quando veer meu amigo, cousir-
-vos-ei se me queredes ben, se mal;
e, mia irmana, direi-vos log’al,
ca non vos quero meu cor encobrir:
se vos prouguer [con el, gracir-vo-lo-ei,
e, se vos pesar, non o leixarei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 1136, V 727

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 327); Indini (1978: 152 [= LPGP 170]); Cohen (2003: 362); Littera (2016: I, 156).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 255); Braga (1878: 138); Machado & Machado (1956: V, 202); Berardinelli (1985: 17-18); Camargo et alii (1992: 43).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 151-152); Magalhães (2007: 102); Alvar & Talens (2009: 394).

Manuscript variants


1 rogar] roguar BV   4 d’al desenganar] de desanganar B : del desenganar V   9 m’end’averedes] meu dau’edes B : meu daũedes V   11 gracir-vo-lo-ei] g̃cir noleey V   15 log’al] log ual B : logual V

Editorial variants


1 irmana, rogar] irmãa, roguar Nunes   4 d’al] de Indini   15 irmana] irmãa Nunes

Paraphrase


(I) Miña irmá, quérovos rogar por meu amigo e quérovos dicir que non vos pese de el me vir ver; e aínda vos quero doutra cousa desenganar: se vos prace con el, agradeceréivolo, e, se vos pesa, non o deixarei.

(II) Se vén meu amigo e vos vai ben con el, confiarei máis no voso amor e sempre me teredes mellor para vós; e aínda vos quero dicir outra cousa: se vos prace con el, agradeceréivolo, e, se vos pesa, non o deixarei.

(III) Cando viñer o meu amigo, estarei atenta á vosa reacción tanto se me queredes ben como se (me queredes) mal, e, miña irmá, aínda vos direi outra cousa, pois non vos quero ocultar o meu corazón: se vos prace con el, agradeceréivolo, e, se vos pesa, non o deixarei.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:13)

Encontros vocálicos: 5 -lo͜-ei; 8 fi·ar; 11 -lo͜-ei; 17 -lo͜-ei

Notes


Text
  • 1

    A forma irmana (< germanam), con manutención de -n- intervocálico (cfr. irmãa só en 679.1, 4, 5, 9; 1215.2) forma parte do grupo de arcaísmos típicos das cantigas de amigo (amena, arena, avelanal, avelanedo, fontana, Granada, granado, manhana, mano, pino, sano, venia), que contrastan coa forma xeral irmão / irmãa (cfr. Glosario s.v.) na lingua medieval. Trátase, sen dúbida, dun elemento retórico arcaizante propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode aparecer de forma esporádica noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4). Sobre as forma do tipo irmana na cantigas véxase Ferreiro (2008b). 

  • 4

    O sentido do texto xustifica a emenda da lección dos manuscritos (<de> B, <del> V) para d’al, emenda que, por outra parte, encontra apoio na presenza de outra cousa e al nos versos simétricos das seguintes cobras:
              e ar quero-vos d’al desenganar (v. 4)
              e ar quero-vos dizer outra ren (v. 10)
              e, mia irmana, direi-vos log’al (v. 15)

  • 13-14

    Nótese a tmese métrica que estabelece un corte entre a base verbal dunha forma futura con pronome mesoclítico, que pasa, xunto coa desinencia, para o verso seguinte. Tal segmentación volve aparecer en 14.25-26, 36.6-7, 47.19-20, 219.15-16, 308.11-12, 1476.3-41538.15-16 e 1637.10-11. Cfr. notas a 37.18-19, 123.24-25, 482.1-2, 1542.3-4.

  • 16

    Neste verso volve aparecer o provenzalismo cor, que compite con coraçon na lingua trobadoresca.

Search
    No results