1303 [= Tav 15,3]
Por ve[e]-lo namorado, que muit’á que eu non vi

Por ve[e]-lo namorado, que muit’á que eu non vi,
irmana, treides comigo, ca me dizen que ven i,
a Santa Maria de Reça.
Porque sei ca mi quer ben e porque ven i mui [cui]tado,
irmana, treides comigo, ca sei que ven i de grado,
a Santa Maria de [Reça].
Por ve[e]-lo namorado, que por mí gran mal levou,
treides con mig’, ai irmana, ca mi dizen que chegou
a Santa Maria de [Reça].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manoscritti


B 1286-1287, V 892

Probabelmente a dupla numeración da cantiga fose provocada pola rúbrica <Fernã dolago> que foi copiada entre as estrofas II e III.

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 316-317 [= LPGP 129]); Cohen (2003: 521); Littera (2016: I, 134).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 304); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 8-9); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 303); Álvarez Blázquez (1975: 204); Landeira Yrago (1975: 167).

Varianti manoscritte


1 ve[e]-lo] vello B : uello V   4 mui [cui]tado] muytado BV   8 ve[e]-lo] uolo BV; gran] grã B

Varianti editoriali


Os vv. 1-2 de cada estrofa foron divididos en versos heptasilábicos, graves e agudos, na edición de Nunes.

2 irmana] irmãa Nunes; me] mi Cohen   4 mui [cui]tado] cuitado Nunes : mui [coi]tado Cohen, Littera   5 irmana] irmãa Nunes   8 con mig’, ai irmana] comig’, ai irmãa Nunes : comig’, ai irmana Cohen, Littera

Parafrasi


(I) Para ver o namorado, que hai moito tempo que non vexo, vinde comigo, irmá, porque me din que vén alí, a Santa María de Reza.

(II) Porque sei que me ama e porque vén alí moi coitado, irmá, vinde comigo, pois sei que vén alí de grado, a Santa María de Reza.

(III) Para ver o namorado, que por min gran mal sofreu, vinde comigo, ai irmá, pois dinme que chegou a Santa María de Reza.

Metrica


Esquema métrico: 15a 15a 8’B (I, III [= Tav 26:18]) + 15’a 15’a 8’B (II [= Tav 230:4])

Note


Testo
  • 1

    Nas cantigas trobadorescas aparece unha forma imperativa treide (< trahĭte) e o presente, con valor imperativo, treides (< trahĭtĭs) –tamén nos vv. 2, 5 e 8–, que son restos arcaicos da conxugación do verbo trahĕre, na súa forma clásica (despois substituído por *tragere > med. trager; véxase Ferreiro 1999: §220a). Fóra da cantiga 1471 (véxase nota aos vv. 4 e 16), treide e treides só se atesta en oito cantigas de amigo: 679.3, 757.1, 1161.6, 1289.1 e 6, 1297.1 e 4, 1299.2, 5, 7 e 10, 1302.1, 1303.2, 5 e 8. Alén da lírica profana, hai dúas ocorrencias de treides nas Cantigas de Santa Maria:
              Ai, moller, treides oge mig’ a un logar (CSM 216.23).

              E depois aa tornada, quando chegou a Carron,
              hũa sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon,
              albergar mais adeante a hũas choças que son
              preto de nosso camỹo, e y podemos jazer»
    (CSM 278.24).

    Na prosa só localizamos un rexistro na Demanda do Santo Graal: Senhor, diss’el, pois treides migo (cfr. CGPA, s.v. treides).

  • 2

    A forma irmana (tamén nos vv. 5 e 8), como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (avelana, Granadalouçanavenia etc.), sen dúbida como elemento retórico arcaizante propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b); con todo, e de modo esporádico, rexístrase tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 3

    Santa Maria de Reça é unha parroquia pertencente ao concello de Ourense.

  • 4

    A antecedencia de mui lévanos á forma [cui]tado antes do que a [coi]tado, que propoñen Cohen e Littera: a semellanza da secuencia con <ui> podería explicar o lapso de copia.

  • 8

    Neste verso detéctase outro erro de copia evidente en BV (<uolo>/<ueelo>), inducido pola frecuencia de uso da asimilación pronominal vo-lo (véxase tamén o erro <uello>/<ueelo> ou <uello> no v. 1).

    Por outra banda, mantemos a forma con migo (en face Cohen e Littera), pois a forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura con comigo que tamén podía presentar a forma analítica con migo (584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 939.13, 1010.141039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9).

Cerca
    Nessun risultato trovato