I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 359 [= LPGP 581-582]); Reali (1964: 29-30); Cohen (2003: 402); Littera (2016: II, 35).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 267); Braga (1878: 146); Machado & Machado (1956: V, 264).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 67); Fernández Pousa (1951: 118); Piccolo (1951: 140); Nunes (1959: 288); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 61); Álvarez Blázquez (1975: 201); Torres (1977: 88); Beltrán (1987: 70); Tavani (1989: 9); Jensen (1992: 198); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 142); Diogo (1998: 233).
2 viir] ueir B 4 Atendamos] Atendamus V; querrei] q̅irey B 5 i ven] uē hi BV 6 madre, o] madre B : madro V 7 desguisado] desaguisado BV 9 madre, o] madre B : madro V
2 viir] veir Reali 4 Atendamos] Atendamus Reali; madr’, e] madre Nunes, Reali, Cohen; vos] vus Reali 5 i ven] ven hi Reali 7 desguisado] desaguisado Nunes, Reali; mia madre, no cuidar] mia madr’, eno cuidar Nunes, Cohen : mia madr’, em o cuidar Littera
(I) Nas barcas novas foise o meu amigo de aquí, e vexo eu vir barcas e penso que vén nelas, miña nai, o meu amigo.
(II) Esperemos, ai madre, e sempre vos quererei ben, porque vexo vir barcas e penso que vén nelas, miña nai, o meu amigo.
(III) Non estou desatinada, miña nai, no meu pensar, porque non podía, sen min, vivir moito tempo, miña nai, o meu amigo.
Esquema métrico: 3 x 13a 13a 7’B (= RM 26:32)
É en verdade extraordinaria a forma veir de B (aceptada por Reali), fronte a viir de V, de modo que con certa seguranza se pode afirmar que estamos perante un erro de copia no Cancioneiro da Biblioteca Nacional: para alén da súa inexistencia na lingua trobadoresca, só se rexistra unha decena de ocorrencias na prosa, limitada a uns poucos documentos do primeiro período galego-portugués (véxase CGPA, s.v. ueir, veir). De todos os modos, a variante de B lembra a forma veian (vs. viian) transmitida por A en 272.4.
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<Atendamus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Canto á segmentación da copulativa, que ningún dos precedentes editores realizou agás Littera, esta contribúe á fluidez sintáctica e expresiva da pasaxe (Ferreiro 2019).
Nas cantigas profanas rexístranse diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, un erro que é delatado pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 421.18, 590.1, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17 etc.). Neste verso, a lección <uē hi> debe ser emendada, atendendo aos argumentos métricos, en i ven.
A forma desaguisado provoca que o verso sexa hipómentro; o problema resólvese recorrendo á variante desguisado, sen a- protético na base da formación nominal. Similares desaxustes métricos provocados por lapsos de copias poden verse en, por exemplo, 56.12, 1151.2 ou 1643.3, en que a forma desaguisado de B ou BV precisa da emenda en prol de desguisado. En calquera caso, en 317.4 o Cancioneiro da Ajuda presenta a correcta lección desguisado fronte a desaguisado en B, feito que confirma a lexitimidade desta operación ecdótica.
Ademais, nótese como a lectura de Littera, coa deglutinación em o, suxire a presenza dun pronome o sen referente claro en face de no~eno cuidar ‘no pensamento’: Non faç’ eu desguisado, mia madr’, em o cuidar.
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: