767 [= Tav 70,32]
Morr’o meu amigo d’amor

Morr’o meu amigo d’amor
e eu non vo-lho creo ben,
e el mi diz logo por én
ca verra morrer u eu for,
e a mí praz de coraçon
por veer se morre, se non.
Enviou-m’el assi dizer:
que el por mesura de min
o leixasse morrer aqui
e o veja quando morrer,
e a min praz [de coraçon
por veer se morre, se non].
Máis nunca ja crea molher
que por ela morren assi,
ca nunca eu esse tal vi,
e el moira se lhi prouguer,
e a min praz [de coraçon
por veer se morre, se non].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 750, V 353

Ediciones


I. Edicións críticas: Nobiling (2007 [1907]: 94 [= LPGP 453-454]); Nunes (1973 [1928]: 166-167); Cohen (2003: 240); Littera (2016: I, 523-524).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 137); Braga (1878: 67); Machado & Machado (1953: IV, 58); Domingues (1992: 49); Cohen (1996: 11).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 70-71); Varela Jácome (1953: 22-23); Torres (1977: 312); Reckert & Macedo (1980: 81); Alvar & Beltrán (1989: 267); Sansone (1990: 126); Jensen (1992: 158); Magalhães (2007: 95).

Variantes manuscritas


1 Morr’o] Moiro B   4 verra morrer] ueira moirer B   5 e a] Ca B : ca V   6 morre] moire B   7 Enviou] E uuyou B   8 por] pre V   9 o] q̅o B : q̅ o V; morrer] moirer B   10 morrer] moirer B   11 e a] Ca B : ca V   14 morren] moirē B   17 e a] Ca B : ca V

Variantes editoriales


2 vo-lho] no lhi Nunes   8 que] ten Nobiling; el] eu Cohen; min] mi Nobiling, Nunes   8 el] eu Cohen, Littera   9 o] que o Nobiling, Nunes; leixasse] leyxe Nobiling   11 min] mi Nobiling, Nunes, Cohen   15 esse] ess’e Nobiling   17 min] mi Nobiling, Nunes, Cohen

Paráfrasis


(I) Morre o meu amigo de amor e eu non cho creo moito, e el dime logo por iso que  ha vir morrer a onde eu estea, e a min agrádame moito (que o faga) por ver se morre ou se non.

(II) El mandou que me dixesen así: que a el, pola miña mesura, o deixase morrer aquí e que eu o vexa cando el morrer, e a min agrádame moito (que o faga) por ver se morre ou se non.

(III) Nunca xamais crea unha muller que por ela morren así, pois eu ese nunca tal vin (que morrese), e el que morra se lle parece ben, e a min agrádame moito (que o faga) por ver se morre ou se non.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:350)

Encontros vocálicos: 7 En·vi·ou

Notas


Texto
  • 2

    Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle: e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz / moveron do porto Dovra (CSM 35.115); e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo / logar en que o fezesse (CSM 45.37); foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde vera (CM 55.72).

  • 5

    Emendamos o repetido erro <ca>/<e a> de BV no primeiro verso do refrán como xa se fixo en todas as anteriores edicións. Os dous apógrafos italianos mostran unha frecuente confusión <e>/<c>, que se pode achar en similares contextos, no inicio de verso coa conxunción copulativa. Con efecto, este erro prodúcese, en xeral, no inicio dunha estrofa, dun refrán ou dun verso que solicita a conxunción copulativa: e vi-a <e uia> A, <Cuia / Cuia / Cuya / Cuya> B (302.r1), e a <ca> (494.32 e 35), e a <Ca / Ca / Ca> B, <e a / e a / e a> V (792.r2), e amigas <Camigas> B, <E amiga> B’, <camigas> V, <e amiga> V’ (1048.9), e o <C o> B, <eo> V (1056.3), e assi <Cassy / Cassy> B, <cassy / cassy> V (1364.r3), e a <Ca> BV (1645.15) etc.

  • 8-9

    O pronome el, dependente de leixasse, en función de CD anticipado non leva preposición a, como frecuentemente acontece na lingua trobadoresca (véxase nota a 10.1). Neste sentido, carecen de xustificación as diversas correccións dos manuscritos realizadas por Nobiling (ten el por mesura de mí / que o leyxe morrer aqui) e Cohen e mais Littera (que eu, por mesura de min, / o leixasse morrer aqui), mentres que Nunes conserva íntegra a lección de BV (salvo na forma mi), mesmo na repetición espuria de que no v. 9, que converte en hipermétrico o verso pola imposibilidade de crase e mesmo de sinalefa da conxunción (véxase Ferreiro 2009).

  • 13

    Guilhade innova o habitual sintagma negativo reforzado ja máis nunca coa mudanza de colocación de ja na posición inicial, considerando máis como adverbio, que –é de supor– nos anteriores editores é tratado como conxunción adversativa, xa que só Nunes explicita ese carácter («Mais molher (nenhuma) nunca já crea, etc.»).

  • 15

    Enténdase: «este tal [morrer] vi». O texto de Nobiling (ca nunca eu ess’e tal vi) non parece ter sentido claro.

Buscar
    Sin resultados