1284 [= Tav 65,2]
En San Momed’, u sabedes

En San Momed’, u sabedes
que viste-lo meu amigo,
oj’ouver’a seer migo;
mia madre, fe que devedes,
leixedes-mi-o ir veer.
O que vistes esse dia
andar por mí mui coitado
chegou-m’ora seu mandado;
madre, por Santa Maria,
leixedes-mi-o ir veer.
Pois el foi d’atal ventura
que sofreu tan muito mal
por mí, e ren non lhi val,
mia madre, e por mesura
leixedes-mi-o ir veer.
Eu serei por el coitada,
pois el é por mí coitado;
se de Deus ajades grado,
madre ben-aventurada,
leixedes-mi-o ir veer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 1267, V 873

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 432-433 [= LPGP 427]); Fernández Guiadanes et alii (1998: 101); Arias Freixedo (1998b: 37); Cohen (2003: 502); Littera (2016: I, 493).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 299); Braga (1878: 164); Machado & Machado (1956: V, 381); Brea (1998: 95-96); Couceiro Pérez & Fontoira (1998: 21); Monteagudo (1998a: 107); Monteagudo (1998b: 97); Pena (1998b: 79); Pena (1998c: 89); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 101); Álvarez Blázquez (1975: 187); Landeira Yrago (1975: 95); Arias Freixedo (2003: 455-456); Magalhães (2007: 107).

Variantes manuscrites


1 sabedes] fabedes B   3 oj’ouver’a] Ssoiouuera B   6 vistes] iustes V   7 por mí] premi V   9 Santa] stā V   10 leixedes] Leixede B   12 sofreu] so\f/freu V   17 coitado] coido V   20 Leixedes mhor hir Veer B

Variantes éditoriales


1 Momed’] Mamed’ Nunes, Arias Freixedo   3 ouver’a seer] ouvera seer Cohen

Paraphrase


(I) En San Mamede, onde sabedes que vistes o meu amigo, hoxe debería estar comigo; miña nai, abofé, deixádeme ilo ver.
(II) Do que vistes ese día andar moi coitado por min chegáronme agora novas; madre, por Santa María, deixádeme ilo ver.
(III) Pois el tivo tal sorte que sufriu moito mal por min, e non lle vale cousa ningunha, miña nai, por mesura, deixádeme ilo ver.
(IV) Eu estarei triste por el, porque el está triste por min; así teñades a graza de Deus, madre benaventurada, deixádeme ilo ver.

Métrique


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 7C (I, II, IV [= Tav 155:31]) + 7’a 7b 7b 7’a 7C (III [= Tav 155:30])

Encontros vocálicos: 5 -mi͜-o; 10 -mi͜-o; 15 -mi͜-o; 20 -mi͜-o

Notes


Texte
  • 1

    San Momede (forma con labialización de /e/) refírese ao santuario de San Mamede ou San Amedio, en Beluso (concello de Bueu), na península do Morrazo (véxase Souto Cabo 2018: 87-88).

  • 3

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 4

    A fórmula de xuramento fe que (vós) devedes, convertida en frase formularia de valor interxectivo, é equivalente á expresión per bõa fe, entre outras fórmulas posíbeis de xuramento (véxase tamén 506.13, 655.6, 1016.4, 1526.15, 1583.1). Para alén desta formulación simple, tamén presente nas Cantigas de Santa Maria (véxase, por exemplo, CSM 6.32), esta frase pode presentar explícito o complemento indirecto (fe que dev’a Nostro Senhor, 594.14), tal como se pode ver tamén na Crónica Troiana, onde achamos dúas fórmulas dese tipo: fe que eu deuo a Deusfe que deuo a meu señor (Lorenzo 1985: 243, 383).

  • 6-8

    Nestes versos percíbese un anacoluto provocado pola ausencia da preposición de para introducir o v. 6 (O que vistes... = Do que vistes...):
              O que vistes esse dia
              andar por mí mui coitado
              chegou-m’ora seu mandado.

  • 18

    Nótese o uso de se ~ si como equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2, 221.2, 224.1, 277.23, 315.2, 511.14, 526.6 559.2, 573.12, 703.1, 720.1, 733.15, 845.11, 940.10, 1140.10, 1042.16). Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé