I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 108-109 [= LPGP 526]); Cohen (2003: 170); Littera (2016: I, 612).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 115); Braga (1878: 55); Machado & Machado (1952: III, 360-361).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 68-69); Alvar & Beltrán (1989: 308); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 124).
6-7 led[a] / e andade] lede / andade B : lede andade V 7 migo] amigo BV 11 quando] ꝙ̄do V 17 -vos] nꝯ V 19 por] pre V
A disposición tipográfica da cantiga en Nunes presenta como refrán os vv. 2, 4 e 5-6 de cada cobra. En Littera o primeiro verso do refrán é integrado como verso pertencente á cobra.
4 amigo] migo Nunes 6 dereit’ei a ‘ndar] dereit’ei [d]’andar Nunes, Cohen : dereit’hei [d]’andar Littera 9 viss’, e] visse Nunes, Littera 13 dereit’ei a ‘ndar] dereit’ei [d]’andar Nunes, Cohen : dereit’hei [d]’andar Littera 15 mandó-o] mando[u]-o Nunes : mandou-o Littera 20 dereit’ei a ‘ndar] dereit’ei [d]’andar Nunes, Cohen : dereit’hei [d]’andar Littera
(I) Amigas, por Noso Señor, andade ledas comigo, porque puxen concordia entre miña nai e o meu amigo, e por isto ando leda: teño moita razón para andar leda, e andade ledas comigo.
(II) Aínda que miña nai non fose alí, mandoume que o vise, e eu nunca tan bo mandado oín coma cando o dixo, e por isto ando leda: teño moita razón para andar leda, e andade ledas comigo.
(III) E mandoulle falar comigo (vede que ben me fixo), e véñome gabar diso ante vós, pois xa logrei que as cousas estean así, e por isto ando leda: teño moita razón para andar leda, e andade ledas comigo.
Esquema métrico: 8a 6’b 8a 6’b 7’C 7’C 7’D (cfr. RM 103:1)
Encontros vocálicos: 16 mi‿á; 18 ja‿assi‿o
Repárese en que a rima -eda do refrán sofre unha variación morfolóxica na rima do ultimo verso (leda / ledas).
O verbo andar presenta elisión da vogal inicial a-, do mesmo modo que outras crases similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a. Así, endurar: coita ‘ndurar (155.r2, 195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9).
Neste caso, todos os editores emendaron o texto dos manuscritos para repoñer un raro nexo preposicional de (aver dereito de); porén, no corpus achamos aver dereito a: Muit’i a aver gran pavor / ei dereit’, ... (32.8-9).
A segmentación proposta por Cohen é acaída á sintaxe da estrofa, e, deste xeito, as tres cobras presentan períodos con sistemática ligazón copulativa.
O encontro da P3 de pretérito da primeira conxugación (cfr. tamén nota a 1578.23) cun clítico o(s), a(s) provoca a aparición dunha secuencia trivocálica anómala do punto de vista fonotáctico ([‘owa], [‘owo]). É por isto que, a semellanza do acontecido cos duplos resultados de bases latinas como audīre, laudāre etc., na lingua medieval estes encontros resólvense con relativa frecuencia (por razóns morfolóxicas) cunha monotongación e/ou crase (guardó-o, 484.11; mandó-o, 700.15; filhó-o, 1492.5; leixó-o, 1509.17; desseinó-o, 1578.r1; enlinhó-o, 1579.r2). A teor das rimas no corpus trobadoresco profano (negó-o : doo) e relixioso (filló-os : lançó-os : avoos, CSM 214.40-42), o resultado da redución vocálica é –sorprendentemente– aberto (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 27c). En calquera caso, Littera anulou a evolución e restaurou mandou-o.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: