1213 [= Tav 92,1]
Ai meu amig’e lume destes meus

Ai meu amig’e lume destes meus
olhos e coita do meu coraçon,
por que tardastes á mui gran sazon?
Non mi-o neguedes, se vos valha Deus,
ca eu quer’end’a verdade saber,
pero mi-a vós non ousades dizer.
Dizede-mi quen mi vos fez tardar,
ai meu amig’, e gradecer-vo-lo-ei,
ca ja m’end’eu o máis do preito sei
e non vos é mester de mi-o negar,
ca eu quer’en[d’a verdade saber,
pero mi-a vós non ousades dizer].
Per bõa fe, non vos conselhou ben
quen vos esta tardada fazer fez,
e, se mi vós negardes esta vez,
perder-vos-edes comigo por én,
ca eu quer’end’a verdade saber,
[pero mi-a vós non ousades dizer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 1197, V 802

No Cancioneiro da Vaticana foron copiados novamente (e riscados) os vv. 1-5 da estrofa I (= V’) ao final da cantiga, como se fose a primeira estrofa da seguinte cantiga, cun íncipit que resulta da mestura de 1214.1+1213.1: <Nostro senhor e como po stes meꝯ> (= Nostro senhor e como po[derey] + [Ay meu amigue lume de]stes meꝯ).

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 383-384 [= LPGP 612-613]); Cohen (2003: 430); Littera (2016: II, 84-85).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 275); Braga (1878: 150-151); Machado & Machado (1956: V, 301-302); Montero Santalha (2004).

Varianti manoscritte


1 Nostro senhor e como po stes meꝯ V’  3 gran] grã B; sazon] saçon V’   7 quen] q̅ B   13 bõa] boa B   14 fazer fez] faz’ (fazer) fez B   16 -vos-] uos BV

Parafrasi


(I) Ai meu amigo e lume destes meus ollos e coita do meu corazón, por que me tardades desde hai tanto tempo? Non mo neguedes, así vos valla Deus, que eu quero saber a verdade diso, aínda que vós non ma ousades dicir.

(II) Dicídeme quen vos fai tardar, ai meu amigo, e héivolo agradecer, pois eu xa sei a maior parte do asunto, e non vos é preciso negarmo, porque eu quero saber a verdade diso, aínda que vós non ma ousades dicir.

(III) En verdade, non vos aconsellou ben quen vos mandou tardar tanto, e, se mo negardes esta vez, perderédesvos comigo por iso, porque eu quero saber a verdade diso, aínda que vós non ma ousades dicir.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:165)

Encontros vocálicos: 4 mi͜-o; 6 mi͜-a; 8 -lo͜-ei; 10 mi͜-o; 12 mi͜-a; 18 mi͜-a

Note


Testo
  • 1

    A invocación ao amigo por medio da construción tripartida meu amig’e lume destes meus / olhos e coita do meu coraçon é orixinal por canto combina elementos utilizados decote mais non partícipes dunha única construción. Nas cantigas de amor é moi frecuente que a dona sexa invocada como coita do meu coraçon (161.r2, 244.14, 296.11, 509.16, 885.7, 992.10), e só nunha ocasión aparece dirixido á amiga: –Par Deus, ai coita do meu coraçon, / mal estou eu [se o vós non sabedes] (Afons’Eanes do Coton, 823.11-12). Realmente, só nunha cantiga de amor de Nuno Fernandez Torneol achamos unha expresión similar á de Martin de Caldas: ai lume destes meus / olhos e coita do meu coraçon! (163.6-7).

  • 7

    A presenza de que neste verso (tamén posíbel do punto de vista semántico) semella un erro de B fronte ao quen subministrado polo Cancioneiro da Vaticana: Dizede-mi quen mi vos fez tardar, / ai meu amig’, ... (cfr. non vos conselhou ben / quen vos esta tardada fazer fez, vv. 13-14).

  • 14

    O substantivo tardada (procedente de tardar + suf. -ada), presente tamén en 591.4 e 648.4, é voz exclusivamente literaria, pois alén das cantigas profanas só se rexistra nas Cantigas de Santa Maria e tamén en obras prosísticas de creación (Crónica Troiana, Historia Troiana, Demanda do Santo Graal ou Crónica de D. João I). Cfr. CGPA, s.v. tardada.

Cerca
    Nessun risultato trovato