I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 452-453 [= LPGP 794-795]); Reali (1964: 79-80); Fernández Campo (2012: 96); Littera (2016: II, 320-321).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 238-239); Braga (1878: 129); Machado & Machado (1956: V, 113-114).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 132); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 184); Alvar & Talens (2009: 368-370); Ferreiro (2023a: 30).
8 Deus] des V 16 mundo] munde B
2 vos] vus Reali; pod’] pôd’ Nunes, Littera 3 vos] vus Reali 4 vos] vus Reali 5 mund[o]] mund’ Reali, Fernández Campo 7 vos] vus Reali 8 vos] vus Reali 9 vos] vus Reali 10 vos] vus Reali 11 vos] vus Reali 12 mund[o]] mund’ Reali, Fernández Campo 14 vos] vus Reali 16 mundo, fez-me-vos] mund’e fez-me-vus Reali 17 vos] vus Reali 18 vos] vus Reali; e fez-vos melhor] e fez-vos [a] melhor Nunes, Littera 19 mund[o]] mund’ Reali, Fernández Campo 21 vos] vus Reali 25 quer’end’eu todos] querend’eu todus Reali
(I) Fíxovos Deus, miña señora fermosa, o maior ben que El vos podería facer: fíxovos de carácter doce e ser máis fermosa que todas as outras mulleres, e fíxovos a mellor dona do mundo e de mellor xuízo. Vede, señora: se outra cousa dixer alguén, verdadeiramente non vos pode dicir outra cousa.
(II) Fíxovos Deus e concedeuvos o maior ben que puido, e fíxovos valer máis que as outras donas, e fíxovos vencer todas as mulleres e fíxovos a mellor dona do mundo e de mellor xuízo. Vede, señora: se outra cousa dixer alguén, verdadeiramente non vos pode dicir outra cousa.
(III) E porque Deus é o máis sabio do mundo, fíxome querervos tanto como vos eu quero, e a vós fíxovos nacer a máis fermosa, e fíxovos a mellor dona do mundo e de mellor xuízo. Vede, señora: se outra cousa dixer alguén, verdadeiramente non vos pode dicir outra cousa.
(1) E o que outra cousa dixer por falar mal de vós, señora, polo que dixer e por calquera cousa, Deus confunda a quen algunha vez llo crer.
(2) E quero eu desenganar a todos sobre esta cuestión: quen nisto non me dea a razón, señora, non sabe nada de recoñecer o ben.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C 10B (= RM 163:11) + 10d 10d 10b + 10e 10e 10b
Encontros vocálicos: 18 má·is
A composición de Armea presenta un artificio de repetición da secuencia e fez-vos melhor no final dos cuartos versos de todas as estrofas.
A métrica indica que debe ser restaurada a vogal final de mundo non primeiro verso do refrán para conseguir a medida decasilábica.
A variante bisilábica feze, do lat. fēcĭt, con manutención de -e final após /dz/ é minoritaria en relación a fez e, mesmo, á variante fezo coa innovadora desinencia -o (cfr. nota a 53.16 e 56.14). Na realidade, feze aparece especialmente cando utilizada co clítico -o/-a, aínda que se rexistra tamén noutros contextos (167.5, 184.16, 260.2, 331.12, 332.2, 479.13, 484.21, 580.13, 1087.8, 1398.6, 1593.9). Nótese, mesmo, que nesta cantiga a variante fez aparece nos vv. 1, 3, 4, 9, 10, 11, 16, 17 e 18, feito que demostra a consciente selección da variante por razóns métricas.
Reali segue fielmente a lección de B, o que implica a utilización dunha copulativa e expletiva, desnecesaria a partir da mellor lección de V.
Máis unha vez a contaxe bisilábica de mais evita a integración de Nunes ([a] melhor dona), pois a hipometría é só aparente (véxase nota a 12.8). É máis: a introdución do artigo quebra o xogo métrico da repetición do final dos cuartos versos da composición.
Repárese en que neste verso creer é P3 de futuro de subxuntivo, coa forma xa regularizada fronte á aínda maioritaria crever. Véxase nota a 149.7.
A consideración dun xerundio querend(o), sen segmentar a P1 quer(o) e o pronome end(e) en quer’end’eu, fai que o texto proposto na edición de Reali fique sen verbo principal.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.