(I) O meu amigo sofre de mal tanto, amiga, que realmente moito mal é, e abofé que non existe mal maior; e vede que é o que lle causa todo isto: porque non pensa recibir ben de min, vive en coita, coitado por morrer.
(II) Sofre tanto mal, así Deus me perdoe, que eu, amiga, xa teño dó del; e polo que eu sei do seu corazón, todo este mal é por esta razón: porque non pensa recibir ben de min, vive en coita, coitado por morrer.
(III) Morrerá desta, certamente, pois sofre un pesar tan grande que non se pode librar da morte; e, amiga, (por iso) lle vén todo este mal: porque non pensa recibir ben de min, vive en coita, coitado por morrer, (1) pois se pensase recibir ben de min, el querería antes vivir que morrer.