I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 329-330); Indini (1978: 163-164 [= LPGP 171-172]); Cohena (2003: 365); Littera (2016: I, 157-158); Cohenb (2016b: 14).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 256); Braga (1878: 139); Machado & Machado (1956: V, 206); Berardinelli (1985: 19); Camargo et alii (1992: 48).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 14-15); Pellegrini (1928: 32-33); Bernárdez (1952: 98); Álvarez Blázquez (1975: 19); Alvar & Beltrán (1989: 153-154); Pena (1990: 131-132); Sansone (1990: 80); Alonso Girgado (1992: 28); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 26); Alvar & Talens (2009: 398).
8 ventura] uētᵉa BV 13 que eu] nō eu B
En Nunes e en Indini os dous versos do corpo da estrofa son presentados como catro versos heptasilábicos graves. En Cohen, os catro versos do refrán forman dous versos da mesma medida (15 sílabas) que os da estrofa.
3 vos] vós Indini 8 bõa] bona Indini; ventura ajades] ventur’ajades Nunes 9 vos] vós Indini 14 partir] partir-[se] Littera 15 vos] vós Indini
(I) Se viñese o meu amigo a Bonaval e me vise, vede o que lle diría antes de me eu separar del: «Se vos ides, non tardedes tanto como adoitades. Diríalle eu: «Non tardedes, amigo, como soedes».
(II) Diríalle eu: «Meu amigo, se vós me amades de verdade, facede isto por min, así teñades boa ventura. «Se vos ides, non tardedes tanto como adoitades. Diríalle eu: «Non tardedes, amigo, como soedes».
(III) Que leda estaría eu se el viñese falar comigo, e, ao acabar a conversa, diríalle eu: «Meu amigo, se vos ides, non tardedes tanto como adoitades. Diríalle eu: «Non tardedes, amigo, como soedes».
Esquema métrico: 3 x 15’a 15’a 7’B 7’C 7’B 7’C (= RM 43:1)
Encontros vocálicos: 8 ventura‿ajades
Bonaval refírese a San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
Nótese a edición de bõa como bona en Indini. A estudosa, como acontece con algúns editores italianos, desenvolve erradamente a nasalidade vocálica para unha consoante nasal explosiva que falsea a realidade fonolóxica.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.