753 [= Tav 6,4]
Fui eu fremosa fazer oraçon

Fui eu fremosa fazer oraçon,
non por mia alma, mais que viss’eu i
o meu amigo; e, poi-lo non vi,
vedes, amigas, se Deus mi perdon:
gran dereit’é de lazerar por én,
pois el non veo, nen aver meu ben,
ca fui eu [i] chorar dos olhos meus,
mias amigas, e candeas queimar,
non por mia alma, mais po-lo achar;
e, pois non vẽo nen o ‘dusse Deus,
gran dereit’é de lazerar [por én,
pois el non veo, nen aver meu ben].
Fui eu rogar muit’a Nostro Senhor:
non por mia alma candeas queimei,
mais por veer o que eu muit’amei
sempr’, e non vẽo o meu traedor:
gran dereit’é de lazerar [por én,
pois el non veo, nen aver meu ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 738, V 339

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 156 [= LPGP 88]); Cohen (2003: 226); Lorenzo Gradín (2008: 116); Littera (2016: I, 48).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 133); Braga (1878: 65); Machado & Machado (1953: IV, 38).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 17-18); Torres (1977: 64); Jensen (1992: 6); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 12); Magalhães (2007: 94).

Variantes manuscritas


2-3 i / o meu] hiº / meu B   4 Deus] des V   8 mias] mays BV   11 lazerar] laz’rar V   14 queimei] q̅ymar BV   17 lazerar] laz’rar V

Variantes editoriais


6 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera   7 fui eu [i] chorar dos olhos] fui eu chorar [destes] olhos Nunes   10 ‘dusse] dusse Nunes, Lorenzo Gradín   12 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera   14 candeas queimei] candeas queimar Nunes : [e] candeas queimei Cohen : e candeas queimei Littera   18 veo] vẽo Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Fun eu fermosa facer oración, non pola miña alma, mais por ver alí o meu amigo; e, xa que non o vin, vede, amigas, así Deus me perdoe: é de xustiza que sufra por iso, pois el non veu, e que non reciba o meu ben, (II) porque eu fun alí chorar, miñas amigas, e queimar candeas, non pola miña alma, senón por o achar a el; e, pois non veu nin Deus o trouxo, é de xustiza que sufra por iso, pois el non veu, e que non reciba o meu ben.

(III) Fun eu rogar moito a Noso Señor: non queimei candeas pola miña alma, senón por ver o que moito amei sempre, e non veu o meu traidor: é de xustiza que sufra por iso, pois el non veu, e que non reciba o meu ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:6)

Notas


Texto
  • 7

    A reintegración do adverbio i efectuada por Cohen (cfr. mais que viss’eu i / o meu amigo, v. 2) e aceptada nas edicións posteriores restaura a isometría versal, en face de Nunes, que a conseguiu coa emenda de dos en prol de destes.

  • 8

    Exactamente o mesmo erro <mays>/<mias> (amigas) rexístrase en dúas pasaxes dunha cantiga de amigo de Pero d’Armea (1222.10 e 14).

  • 10

    É importante a utilización gráfica do apóstrofo para indicar a crase que se produce na secuencia o adusse (> o ‘dusse), pois non existe unha forma duzer concorrente con aduzer (as únicas ocorrencias de tal forma aferética só se achan na Demanda do Santo Graal, onde se rexistran duzem, dusse ~ dussi, dusserom, dussesse e dusseres; véxase CGPA, s.v.).

  • 14

    Neste verso existe un erro de copia delatado pola rima, tal como xa Monaci advertiu nas Note á súa transcrición paleográfica (p. 433): é necesaria a emenda de <q̅ymar> en prol de queimei, para a rima con amei (v. 15). Non obstante, Nunes respecta a errada lección manuscrita, mentres que Cohen (e Littera) emenda o erro rimático, mais introduce unha desnecesaria copulativa que considerou necesaria por non segmentar coa puntuación os vv. 13 e 14:
              Fui eu rogar muit’ a Nostro Senhor
              non por mha alma <e> candeas queimei.

  • 16

    Nótese a ambigüidade achegada pola cualificación de «meu traedor» que a amiga lle atribúe ao amigo, que non acode á cita. Esta expresión meu traedor constitúe un singular sintagma que se rexistra no corpus sempre aplicado ao amigo: Oi dizer, por me fazer pesar, / amades vós outra, meu traedor (815.8, Fernan Velho), Rog’eu Santa Cecilia e Nostro Senhor / que ach’oj’eu i, madr’, o meu traedor (1292.17, Martin de Giinzo).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado