713 [= Tav 72,6]
Eu fiz mal sén qual nunca fez molher

Eu fiz mal sén qual nunca fez molher,
pero cuidei que fazia bon sén,
do meu amigo, que mi quer gran ben,
e mal sén foi, pois m’el tan gran ben quer,
que o tive sempr’en desden, e non
pod’el saber ren do meu coraçon,
ca nunca de mí pud’entender al,
e con essa coita se foi d’aqui,
e fez mal sé[n], nunca tan mal sén vi,
porque o fiz, e acho-m’ende mal,
que o tive sem[pr’en desden, e non
pod’el saber ren do meu coraçon].
Por lhi dar coita por sabe-lo seu
coraçon ben, que eu sabia ja,
m’encobri de máis sempr’, e ja sera
mal pera mí, ca mal o per-fiz eu,
que o tive [sempr’en desden, e non
pod’el saber ren do meu coraçon].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 698, V 299

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 118-119 [= LPGP 471]); Cohen (2003: 183); Littera (2016: I, 556).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 121); Braga (1878: 57); Machado & Machado (1952: III, 376-377).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 109).

 

Variantes manuscritas


1 sén] seu B   2 bon sén] bou seu B   4 sén] seu V   5 tive] teuj B : teui V   6 ren] re B   11 Queo cuie seu B   13 dar coita] dar eu coyta BV   15 sempr’, e] sempi B   17 Que oie B

Variantes editoriais


7 pud’] pôd’ Nunes, Littera   9 fez] fiz Nunes, Littera   15 máis sempr’, e] mais; sempre Nunes

Paráfrase


(I) Eu fixen unha loucura como nunca fixo unha muller –aínda que pensei que facía algo asisado–, en relación co meu amigo que me ama; e foi unha loucura, pois el tanto me ama, que sempre o desdeñei e non pode saber el nada dos meus sentimentos, (II) pois nunca de min puido entender outra cousa, e con esa coita se foi de aquí, e fixo unha loucura, nunca tal loucura vin, por causa de que o fixen, e síntome mal por iso, que sempre o desdeñei e non pode saber el nada dos meus sentimentos.

(III) Por lle causar coita para coñecer ben os seus sentimentos, que eu xa coñecía, fun cautelosa de máis sempre, e (iso) será causa de mal para min, pois eu moi mal obrei, que sempre o desdeñei e non pode saber el nada dos meus sentimentos.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:21)

Notas


Texto
  • 7

    A forma xeral de P3 de pretérito de poder é pôde; porén, nesta cantiga rexístrase unha rara variante pude para a P3 anulada nas edicións precedentes. A forma pude para a P1, que vai na dirección da posterior evolución deste tempo en galego, con xeneralización analóxica a partir da P1, está tamén documentada nas Cantigas de Santa Maria, tanto na rúbrica 312 (Como o cavaleiro non pude conprir ssa vontade con sa amiga na casa en que lavravan a [omagen de Santa Maria]), como no texto das cantigas marianas:
              Mas foi-sse log’a un rio que corria preto d’y,
              ar fugiu-lle log’a agua, per quant[o] eu aprendi;
              e assi passou dous anos, per com’eu escrito vi,
              que agua coller non pude, nen sol bever nen gostar (CSM 155.40).

     

              E tan muito o foi seguir
              que ja non pude mais mentir,
              e o frade fez[o] vĩir,
              dezendo: ... (CSM 239.56).
    Existe tamén algunha ocorrencia desta forma en textos prosísticos, como na tradución portuguesa da Confessio Amantis: Mais, porem, de quando soube perguntar e enquerer, nunca pude saber que fora de dona Costança (Faccon 2012: 348).

  • 9

    Como xa argumentou Cohen, a forma fez dos manuscritos ten sentido, pois á loucura dela responde o amigo con outra loucura.

  • 13

    A presenza de eu desequilibraría a medida do verso e indica que, máis unha vez, o pronome persoal aparece espuriamente introducido no texto, como acontece con certa frecuencia ao longo do corpus trobadoresco: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 15

    Obsérvese a discutíbel puntuación nunesiana neste verso, que converte sempre nun adverbio de cantidade asociado a ja...m’encobri de mais; sempre já será / mal pera mi... vs. ...m’encobri de máis sempr’, e ja será / mal pera mí...

Buscar
    Non se atopou ningún resultado