I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 291-292); Rodríguez (1980: 255 [= LPGP 407-408]); Cohen (2003: 577); Littera (2016: I, 463-464).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 224-225); Braga (1878: 121); Machado & Machado (1956: V, 43); Fernández Pousa (1959: 265).
1 morar] moirer B : mona V 4 eu] en V; perça] perca B 8 ren] tē V 10 ven o ben] nē o(u)bē B 11 nunca] nunc(h)a V 14 serviç’ora] ƥuicō B : ƥuico V 16 gracir] grazir V 17 prez] bō prez BV 19 ualira B
7 [el] quer] quer [el] Nunes 8 [a]] om. Nunes, Rodríguez, Cohen; ten] ten [el] Nunes 10 mas] ma[i]s Nunes 13-14 E el punhou muit[o] en me servir / e al rei nunca serviç’ora fez] E el punhou [já] muit’en me servir / e a [e]l-rei nunca serviço fez: E el[e] punhou muit’en me servir / e al rei nunca serviço [lhi] fez Rodríguez : E el punhou muit[o] en me servir / e al rei nunca serviço [lhi] fez Cohen : E el punhou muit[o sempr’]em me servir / e a [e]l-rei nunca serviço fez Littera 16 prez] bon prez Cohen : bom prez Littera
(I) O meu amigo vai vivir á corte do rei, e nin (el) mo dixo nin (eu) llo permitín, e fai mal causándome pesar; mais perda eu a beleza que teño se nunca o rei lle ha conceder tantos favores cantos eu lle farei cando eu quixer.
(II) E el quere moito vivir co rei e non ten en conta o meu enfado, e o rei ten un inmenso poder; mais véñame mal de onde vén o ben se nunca o rei lle ha conceder tantos favores cantos eu lle farei cando eu quixer.
(III) E el esforzouse moito en me servir e ao rei nunca lle prestou servizo, por iso o rei non ten nada que lle agradecer; mais perda eu a beleza e a miña valía se nunca o rei lle ha conceder tantos favores cantos eu lle farei cando eu quixer, (1) porque máis lle valerá que eu o queira ben que canto ben lle poida o rei facer.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:16) + 10c 10c
O texto da cantiga mostra problemas de transmisión, indicados pola vacilación métrica que se percibe ao longo da composición (vv. 7, 8, 13, 16, 19).
A hipometría do verso solicita máis unha sílaba que, sen dúbida, polo paralelismo co v. 13 (E el punhou muit[o] en me servir), debe ser o pronome: E [el] quer muito con el-rei viver.
En ningunha das precedentes edicións, agás en Littera, foi restaurado o artigo en [a] mia sanha, a partir dunha (inexistente) contaxe bisilábica da forma átona mia (cfr. <mha> BV), considerada por Rodríguez e Cohen, que só se produce, cos datos de que dispomos, en 814.8, onde o posesivo, en posición de rima, é tónico (E pois non quer a ventura mía). Pola súa parte, en Nunes é restaurado o pronome el (ten [el] en ren).
A aparición da variante reducida da adversativa, que é forma, en xeral, máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), confirma o seu uso en BV, onde presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.4, 1201.10, 1225.4, 1245.6, 1246.22, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).
De novo a hipometría solicita a reintegración vocálica en muito, tal como o paralelismo co v. 7 indica: E [el] quer muito con el-rei viver - E el punhou muit[o] en me servir.
En ningunha das edicións precedentes (coas conseguintes reintegracións) se desenvolve a abreviatura existente na lección de B (<ƥuicō> = serviç’ora), dun modo similar ao que acontece noutras pasaxes do corpus. Véxase 61.17, onde se m'ora oj’eu era editado como se m’ant’oj’eu por non percibir a abreviatura na lección <semā oieu> de B, ou 1329.17, onde feit’or’a perdon é editado sistematicamente como feit’a perdon como lectura de <feit̄ aperdom> de BV.
Aínda que Cohen e Littera manteñen o verso hipermétrico, o segundo bon debe ser lapso de copia, inducido pola primeira aparición do adxectivo.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.