I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 83-84); Minervini (1974: 50-51 [= LPGP 114]); Cohen (2003: 142); Littera (2016: I, 110).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 97); Braga (1878: 50); Machado & Machado (1952: III, 324).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 16).
2 ment[r]’eu] mēteu B : me teu V 4 querria] Queiria B; bõa] boa B : bona V
Nunes e Minervini presentan estrofas con versos heptasilábicos (7’+7), respectando a división formal das liñas versais nos apógrafos italianos.
1 quant’é de] quanto de Cohen 5 está] ést’a Cohen : est a Littera 7 Por quanto] Porquanto Minervini 8 a perfia] á perfia Minervini : à perfia Littera 11 [mui] ben] ben Minervini : [eu] ben Cohen : [eu] bem Littera
(I) De canto é relativo ao meu corazón, sei eu tanto como isto: que me ten miña nai presa e, mentres eu na súa prisión for, non verei o meu amigo.
(II) E por isto, abofé, querería estar afastada de onde está miña nai, pois mentres eu, onde ela está, for, non verei o meu amigo.
(III) Por canto doutra vez, sen o seu permiso, me vin con el, gárdame del obstinadamente, e de hoxe en diante, mentres así for, non verei o meu amigo.
(IV) De min nin dos meus asuntos (de amor) non podo saber eu nada, pois sei moi ben de miña nai que, mentres eu na a súa custodia for, non verei o meu amigo.
Esquema métrico: 4 x 15a 15a 8’B (= RM 26:20)
A lectura de Cohen emenda a lección dos manuscritos para estabelecer unha correlación tanto ... quanto sen presenza do verbo seer (Tanto sei de mi parte quanto de meu coraçon).
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.
Aínda que a interpretación de Cohen e Littera sería plausíbel, co verbo seer en vez de estar (seer d’u ést’a mia madre), no corpus o sintagma mia madre xamais leva artigo, razón que nos inclina a non segmentar a secuencia <esta>.
Fronte a reintegración do pronome eu (que xa está presente no verso anterior e mais neste verso), a solución da hipometría versal a través do adverbio mui proposta por Nunes é certamente aceptábel, vista frecuencia de aparición nas cantigas profanas da expresión sei mui ben... (véxase 245.14, 281.13, 390.11, 496.9 etc.).
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: