I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 338 [= LPGP 898]); Arias Freixedo (2010: XVIII); Littera (2016: II, 448-449).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 183); Braga (1878: 95-96); Machado & Machado (1953: IV, 269).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 132); Torres (1977: 286).
1 viron] uyro B 4 terras] teiras B 5 jaz] las V 6 terra] teira B 10 om. V
5 catarán] cataram Nunes 10 om. Nunes
(I) Os meus ollos, que viron a miña señora e a súa fermosa figura, han ser maos de afacer agora lonxe dela, nas terras a onde eu for, e ollarán moito para onde está a terra desta dona que os fai sempre chorar e perder o sono.
(II) E moito mellor farían a si mesmos e a min se a non fosen ver, pois por outra non me [...]
Esquema métrico:10a 10b 10b 10a 10c 10c 10b (?)
En V, no final do v. 7, o copista colocou a marca (liña ondulada en vertical) que con frecuencia utiliza para indicar o final de columna, mais escribiu aínda dous versos máis. Neste cancioneiro, Colocci separou estes dous versos cunha liña horizontal rematada en ángulo á esquerda, talvez interpretándoos como refrán ou máis probabelmente como inicio dunha nova estrofa.
O sentido destes dous versos asóciaos sen dúbida aos da primeira estrofa, como constituíntes de unha mesma cantiga. Unha cantiga que, con toda a certeza nos chegou incompleta, segundo se pode deducir do fragmento do v. 10 transmitido por B.
A vogal final -i de longi (tamén en 33.6, 323.7, 721.12, 800.5, 957.3, 966.9, 1032.24 e 1139.2, 5, 7 e 10), a convivir con longe, tamén aparece noutros adverbios: tardi (véxase nota a 1008.16) e eiri (véxase nota a 114.9), talvez por influencia deste (Mariño Paz 2009: 83). Nos nomes só se rexistra sangui (véxase nota a 1410.17).
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: