1016 [= Tav 63,37]
Meu amigo, vós morredes

Meu amigo, vós morredes
porque vos non leixan migo
falar, e moir’eu, amigo,
por vós e, fe que devedes,
algun conselh’i ajamos
ante que assi moiramos.
Ambos morremos, sen falha,
por quanto nós non podemos
falar, e, pois que morremos,
amigo, se Deus vos valha,
algun conselh’i ajamos
[ante que assi moiramos].
De mia madr’ei gran queixume
porque nos anda guardando,
e morremos i cuidando:
ai meu amig’e meu lume,
algun conselho [ajamos
ante que assi moiramos].
E por que o non guisamos,
pois nos tanto desejamos?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 1012, V 602

En B faltan os vv. 1-2, por lacuna do códice.

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 262-263); Rodríguez (1980: 167 [= LPGP 389]); Cohen (2003: 545); Littera (2016: I, 445).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 215); Braga (1878: 115); Machado & Machado (1953: IV, 395); Fernández Pousa (1959: 235).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 56); Cidade (1941: 33-34); Tavares (1961: 52-53); Lapa (1976: 20-21); Torres (1977: 455); Fidalgo (2009: 130).

Variantes manuscrites


1-2 om. B   3 eu] en V   7 Ambos] Anbus V; morremos] moireremꝯ B : morreremꝯ V   8 podemos] podemus V   9 morremos] moiremꝯ B : morreremꝯ V   13 queixume] quereu me B   14 nos] uꝯ B : nus V   15 morremos] moiremꝯ B   20 nos] uꝯ B : nꝯ V

Variantes éditoriales


8 nós] nos Nunes, Rodríguez   13 queixume] queixum’e Cohen   17 conselho] conselh’i Nunes, Rodríguez, Littera : conselho i Cohen   20 pois nos tanto desejamos] pois nós tant’o desejamos Nunes, Rodríguez, Cohen

Paraphrase


(I) Meu amigo, vós morredes porque non vos deixan falar comigo, e eu morro, amigo, por vós e, pola fe que nos obriga, algún remedio encontremos antes de que así morramos.
(II) Ambos morremos, sen remedio, por canto nós non podemos falar, e xa que morremos, amigo, así Deus nos valla, algún remedio encontremos antes de que así morramos.
(III) Teño unha queixa moi grande de miña nai porque nos anda vixiando, e morremos aí pensando (un no outro): ai meu amigo e miña luz, algún remedio encontremos antes de que así morramos.
(1) E por que o non facemos posíbel, xa que tanto nos desexamos?

Métrique


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’C 7’C (= Tav 160:450) + 7’c 7’c

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga de amigo presenta o amor recíproco infeliz dos amantes, con claras conexións coa cantiga 598 de Don Denis.

  • 4

    A fórmula de xuramento fe que (vós) devedes, convertida en frase formularia de valor interxectivo, é equivalente á expresión per bõa fe, entre outras fórmulas posíbeis de xuramento (véxase tamén 506.13, 655.6, 1284.4, 1526.15, 1583.1). Para alén desta formulación simple, tamén presente nas Cantigas de Santa Maria (véxase, por exemplo, CSM 6.32), esta frase pode presentar explícito o complemento indirecto (fe que dev’a Nostro Senhor, 594.14), tal como se pode ver tamén na Crónica Troiana: fe que eu deuo a Deus ou fe que deuo a meu señor (Lorenzo 1985: 243, 383).

  • 7

    A grafía -us (<anbus>, v. 7; <podemus>, v. 8; <nus>, v. 14) é frecuente no Cancioneiro da Vaticana:  aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 17-18

    Nótese a variación no refrán, que omite o adverbio i nesta estrofa, aínda que tamén sería posíbel considerar que simplemente omite o adverbio en sinalefa con conselho, tal como edita Cohen (véxase nota a 39.17; cfr. nota a 27.4):
              algun conselho [i ajamos
              ante que assi moiramos].

  • 20

    Para alén da lectura que presentamos, que responde á literalidade do manuscrito, coa forma átona nos (‘pois tanto nos desexamos un ao outro’), son posíbeis outras lecturas se considerarmos a (frecuente) confusión <nꝯ>/<uos>:
        a) pois nós tanto desejamos  (pois nós sentimos tanto desexo)
        b)  pois nós tant’o desejamos (pois nós tanto o desexamos (un consello ou solución á nosa situación).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé