673 [= RM 11,7]
Madre velida, meu amigo vi

Madre velida, meu amigo vi,
non lhi falei e con el me perdi,
e moir’agora querendo-lhi ben;
non lhi falei, ca o tiv’en desden:
moiro eu, madre, querendo-lhi ben.
Se lh’eu fiz torto, lazerar-mi-o-ei
con gran dereito, ca lhi non falei,
e moir’agora querendo-lhi ben;
non lhi falei, ca o tiv’en desden:
[moiro eu, madre, querendo-lhi ben].
Madre velida, ide-lhi dizer
que faça ben e me venha veer,
e moir’agora querendo-lhi ben;
non lhi falei, ca o tiv’en desden:
[moiro eu, madre, querendo-lhi ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscripts


B 658, V 259

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 84); Minervini (1974: 53-54 [= LPGP 112]); Cohen (2003: 143); Littera (2016: I, 110-111).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 97); Braga (1878: 50-51); Machado & Machado (1952: III, 325).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 274); Oliveira & Machado (1959: 84-85); Álvarez Blázquez (1975: 185-186); Torres (1977: 204); Fiúza (1981: 21-22); Ferreira (1991: 81); Jensen (1992: 20); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 17); Magalhães (2007: 90).

Manuscript variants


3 moir’] moyro B   7 gran] g̃ra B   8 agora] agura BV   12 faça] faca B : faza V   13 agora] agura BV

Editorial variants


3 moir’] moyro Minervini : moiro Cohen   8 agora] agura Minervini   9 tiv’en] tive en Nunes   13 agora] agura Minervini

Paraphrase


(I) Nai fermosa, vin o meu amigo, non lle falei e púxenme a mal con el, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, nai, de amor por el.

(II) Se eu o ofendín, con moita razón o hei de pagar, pois non lle falei, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, nai, de amor por el.

(III) Nai fermosa, ídelle dicir que faga ben e me veña ver, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, nai, de amor por el.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10B 10B (= RM 42:6)

Encontros vocálicos: 6 -mi͜-o-

Notes


Text
  • 3

    Nótese o lapso de copia en B neste verso do refrán, que suporía, no caso de seguirmos a lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, unha leve variación gráfica e métrica –con sinalefa– a respecto das restantes ocorrencias do estribillo; sorprendentemente, tanto Minervini como Cohen introducen esta variación textual do refrán (moiro agora vs. moir'agora).

  • 8

    A lección <agura> BV, co erro <u>/<o>, correspondente ao adverbio agora, está presente na copia dos apógrafos italianos en 365.4 e 16, 499.4, 792.4. De calquera xeito, agura ten de ser unha forma inexistente na lingua, produto dun erro mecánico de copia.

Search
    No results

    This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
    Click below to accept or to edit your cookie settings.

    SettingsAccept