[last revised: 24/04/2023]Print

673 [= Tav 11,7]
Madre velida, meu amigo vi

Madre velida, meu amigo vi,
non lhi falei e con el me perdi,
e moir’agora querendo-lhi ben;
non lhi falei, ca o tiv’en desden:
moiro eu, madre, querendo-lhi ben.
Se lh’eu fiz torto, lazerar-mi-o-ei
con gran dereito, ca lhi non falei,
e moir’agora querendo-lhi ben;
non lhi falei, ca o tiv’en desden:
[moiro eu, madre, querendo-lhi ben].
Madre velida, ide-lhi dizer
que faça ben e me venha veer,
e moir’agora querendo-lhi ben;
non lhi falei, ca o tiv’en desden:
[moiro eu, madre, querendo-lhi ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscripts


B 658, V 259

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 84); Minervini (1974: 53-54 [= LPGP 112]); Cohen (2003: 143); Littera (2016: I, 110-111).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 97); Braga (1878: 50-51); Machado & Machado (1952: III, 325).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 274); Oliveira & Machado (1959: 84-85); Álvarez Blázquez (1975: 185-186); Torres (1977: 204); Fiúza (1981: 21-22); Ferreira (1991: 81); Jensen (1992: 20); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 17); Magalhães (2007: 90).

Manuscript variants


3 moir’] moyro B   7 gran] g̃ra B   8 agora] agura BV   12 faça] faca B : faza V   13 agora] agura BV

Editorial variants


3 moir’] moyro Minervini : moiro Cohen   8 agora] agura Minervini   9 tiv’en] tive en Nunes   13 agora] agura Minervini

Paraphrase


(I) Mai fermosa, vin o meu amigo, non lle falei e púxenme a mal con el, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, mai, de amor por el.

(II) Se eu o ofendín, con moita razón o hei de pagar, pois non lle falei, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, mai, de amor por el.

(III) Mai fermosa, ídelle dicir que faga ben e me veña ver, e morro agora de amor por el; non lle falei, que o tratei con desprezo: eu morro, mai, de amor por el.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10B 10B (= Tav 42:6)

Encontros vocálicos: 6 -mi͜-o-

Notes


Text
  • 3

    Nótese o lapso de copia en B neste verso do refrán, que suporía, no caso de seguirmos a lección do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, unha leve variación gráfica e métrica –con sinalefa– a respecto das restantes ocorrencias do estribillo; sorprendentemente, tanto Minervini como Cohen introducen esta variación textual do refrán (moiro agora vs. moir'agora).

  • 8

    A lección <agura> BV, co erro <u>/<o>, correspondente ao adverbio agora, está presente na copia dos apógrafos italianos en 365.4 e 16, 499.4, 792.4. De calquera xeito, agura ten de ser unha forma inexistente na lingua, produto dun erro mecánico de copia.

Search
    No results