I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 219); Panunzio (1992 [1967]: 67-68 [= LPGP 773-774]); Cohen (2003: 293); Littera (2016: II, 283).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 158); Braga (1878: 79); Machado & Machado (1953: IV, 148-149); Fernández Pousa (1956: 805); Juárez Blanquer (1988: 69).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 41); Piccolo (1951: 148); Nunes (1959: 278); Torres (1977: 390); Jensen (1992: 290); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 198); Diogo (1998: 69-70).
6 rei] Roy B 24 jurou] iuron V 16 jurar] nirar B
8 meos de] meus de Panunzio 13 devi’a nembrar] devia nembrar Nunes, Panunzio, Cohen, Littera
(I) Foise o meu amigo de aquí para o exército, a servir o rei, e nunca eu puiden despois durmir, mais ben penso eu así: que, xa que el tarda e non vén, é por mor do rei, que mo detén.
(II) E non perderei a gran coita por nada, a non ser que o vexa, pois o meu corazón non ten descanso, aínda que teño este consolo: que, xa que el tarda e non vén, é por mor do rei, que mo detén.
(III) E debíase lembrar ben dos xuramentos que daquela me fixo cando el me deixou, moi fermosa; mais, donas, podedes xurar que, xa que el tarda e non vén, é por mor do rei, que mo detén.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:369)
Encontros vocálicos: 6 mi͜-o; 12 mi͜-o; 18 mi͜-o
Nótese neste verso a presenza do provenzalismos cor, que compite con coraçon nas cantigas profanas.
A voz conorto constitúe outro provenzalismo, máis utilizado na poesía profana do que a variante patrimonial conforto. Véxase nota a 624.16.
Como acontece noutros textos de Pero da Ponte e doutros trobadores, a interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.
A conxunción (completiva) que nesta ocorrencia do refrán é ligada directamente ao verbo de que depende (jurar).
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: