I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 57); Radulet (1979: 92 [= LPGP 268-269]); Cohen (2003: 347); Littera (2016: I, 286).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 241); Braga (1878: 130-131); Machado & Machado (1956: V, 126-127).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 74); Pena (1990: 174-175); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 52).
2 voss’amigo] uosso amigo V 9 Lazerar] lazerā V 10 madr’? É] madree B 11 lazerar] lezerar B : lezar V 14 vos] uos BV 15 falso] fa\l/so B 16 Madre] madrē B : madẽ V; vos vós] uos uos BV
2 voss’amigo] vosso amigo Cohen 10- 11 Por que, madr’? É meu ben e meu lume:/ eu o devo a lazerar] Por que, madre, meu ben e meu lume? / Eu o dev’a lazerar Nunes : Por que, madre, meu ben e meu lume? / Eu o devo a lezerar Radulet : Por que, madre? é meu ben e meu lum’e / eu o devo a lazerar Cohen : Por quê, madre? É meu bem e meu lume Littera 16 vos vós] vós vos Radulet, Cohen 17 devo] dev’ Nunes
(I) –Conseguirei eu, filla, que vos non vexa o voso amigo.
–Por que, madre e señora?
–Porque me din que é o voso entendedor.
–Ai miña nai, por Deus, que non sexa así: eu o debo sufrir, que o tornei sandeu, e el di iso con sandice.
(II) –De vós e del, filla, teño queixa.
–Por que, madre?
–Porque non é apropiado! Farame sufrir ese perxuro.
–Por que, madre? É o meu ben o e o meu lume: eu o debo sufrir, que o tornei sandeu, e el di iso con sandice.
(III) –Heime matar, filla, se mo dixerdes.
–Por que vos habedes matar, madre?
–Antes que me non vingar do falso.
–Madre, se vos vós quixerdes vingar, eu o debo sufrir, que o tornei sandeu, e el di iso con sandice.
Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C (I, III [= Tav 160:286]) + 9’a 9’b 9’b 9’a 10C 10C (II [= Tav 160:301])
Encontros vocálicos: 9 -mi͜-á; 11 devo‿a; 13 mi͜-o; 17 devo‿a
Na poesía cortés o termo entendedor aplícase aos namorados que manteñen unha relación que está aínda nunha fase de coñecemento mutuo e de cultivo do desexo, en que conversan e se intercambian prendas en sinal de correspondencia, tales como as cintas con que cinxen as propias vestimentas á cintura. Trátase da fase previa á de drudo, á que se chega cando os amantes satisfacen o seu desexo por medio de relacións carnais.
Porén, é raro o emprego do termo nunha cantiga de amigo, xénero en que non volta aparecer, agás na pastorela de Pedr’Amigo de Sevilha (UC 1100).
Nótese a variación no refrán, que nesta ocorrencia presenta a crase dev’a, fronte ao refrán das estrofas II-III, onde non se produce tal crase (devo a). Cfr. nota a 27.4.
Cohen actúa asisadamente neste verso ao relacionar meu ben e meu lume co amigo, e non coa nai: no corpus das cantigas este sintagma, ou o seu inverso (meu ben e meu lume / meu lum’e meu ben), sempre se refire á senhor ou ao amigo. Por outra parte, non consideramos a existencia dunha copulativa final de verso (segmentada por Cohen), non imprescindíbel, para manter o paralelismo construtivo coas restantes estrofas.
Para alén do problema interpretativo, na lección de B percíbese a existencia dunha marca que talvez indique unha abreviatura de <e> e que podería explicar a opción editorial de Cohen (e Littera), que non recolle a crase de madre coa copulativa.
Para alén de que a secuencia manuscrita <uos uos> permita unha ou outra lectura, ao longo do corpus sempre vai en primeiro lugar a forma átona (se vos vós vengar quiserdes).