442 [= Tav 157,58]
[S]ennor fremosa, pois me vej’aqui

– [S]ennor fremosa, pois me vej’aqui,
gradesc’a Deus que vos posso dizer
a coita que me fazedes sofrer,
e Deus nen vós non me valedes i.
– Amigo, por meu amor e por mí,
[s]ofred’a coita que vos por mí ven,
ca sofrendo coita se serv’o ben.
– [S]ennor fremosa, muito mal levei
sofrendo tempo, e atendi mellor,
e Deus e vós fazedes-me peor,
e peor m’é que quando comecei.
– Amigo, por min que vo-la [eu] dei,
[s]ofred’a coita que vos por mí ven,
[ca sofrendo coita se serv’o ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


A 277

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 545 [= LPGP 991]); Fernández Graña (2007: 409); Marcenaro (2015a: 92); Barberini (2016: 65); Littera (2016: II, 572).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 163-164); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 442).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 216); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 15).

Variantes manuscritas


2 vos] uos A   6 vos] uos A   13 vos] uos A

Variantes editoriales


En Michaëlis o v. 5 de cada estrofa forma parte do refrán.

2 vos] vos Michaëlis   6 vos] vos Michaëlis   9 tempo] temp(o) Michaëlis : temp' Littera   12 Amigo] Amigo [meu] Michaëlis, Fernández Graña, Barberini; [eu]] om. Michaëlis, Marcenaro, Littera   13 vos] vos Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= Tav 139:13)

Encontros vocálicos: 9 tempo,‿e

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é atribuída tamén a Afons’Eanes do Coton.

  • 12

    Tendo en conta que o apelativo amigo no v. 5 non leva determinante, parece máis lóxico compensar metricamente este verso coa introdución de eu.

Buscar
    Sin resultados