1090 [= Tav 121,17]
Senhor fremosa, non pod’om’osmar

Senhor fremosa, non pod’om’osmar
quan muito ben vos quiso Deus fazer
e quan fremosa vos fezo nacer,
quan ben vos fez parecer e falar;
se Deus mi valha, non poss’eu achar
quen vosso ben todo possa dizer.
Pero punho sempre de preguntar,
por én nunca me poden entender
o mui gran ben que vos eu sei querer
nen o sabor d’oir en vós falar,
per bõa fe; pero non poss’achar
quen vosso ben todo possa dizer.
Se per ventura vej’eu apartar
os que eu sei que vos poden veer,
o que dizen moiro por aprender,
ca moiro por oir de vós falar;
e con tod’esto non poss’eu achar
quen vosso ben todo possa dizer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1087-1088, V 679

A estrofa III só aparece copiada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 458-459 [= LPGP 801-802]); Reali (1964: 87); Fernández Campo (2012: 118); Littera (2016: II, 322-323).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 240); Braga (1878: 130); Machado & Machado (1956: V, 117-118).

Variantes manuscritas


5-6 valha ... / ... dizer] om. B   9 gran] grã B   11 bõa] boa B   13-18 om. V   15 dizen] dize(m) B

Variantes editoriais


2 vos] vus Reali   3 vos] vus Reali   4 vos] vus Reali   7 preguntar] perguntar Reali   9 vos] vus Reali   14 vos] vus Reali

Paráfrase


(I) Señora fermosa, ninguén pode calcular can moito ben vos quixo Deus facer e de can fermosa vos fixo nacer, can fermosa vos fixo ser e can ben vos fixo parecer e falar; así Deus me valla, eu non podo achar quen voso ben todo poida expresar con palabras.
(II) Aínda que sempre fago canto podo por preguntar, nunca me poden comprender o moito que eu vos sei amar nin o desexo de oír falar de vós, abofé; pero non podo achar quen voso ben todo poida expresar con palabras.
(III) Se por ventura eu vexo que se apartan os que eu sei que vos poden ver, morro por saber o que din, pois morro por oír falar de vós; e con todo isto non podo achar quen voso ben todo poida expresar con palabras.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10B (= Tav 132:3)

Notas


Texto
  • *

    En Littera a puntuación asocia por én a preguntar en vez de a poden entender:
              Pero punho sempre de preguntar
              por en, nunca me podem entender
              o mui gram bem que vos eu sei querer,
              nen’o sabor d’oir em vós falar.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado