1342 [= RM 30,22]
Ora é ja Mar[tin] Vaasquez certo

Ora é ja Mar[tin] Vaasquez certo
das planetas que tragia erradas,
Mars e Saturno, malaventuradas,
cujo poder trax en sí encuberto,
ca per Mars foi mal chagad’en peleja,
e per Saturno cobrou tal egreja
sen prol nen ũa en logar deserto.
Outras planetas de bõa ventura
achou per vezes en seu calandairo;
mais das outras que lh’andan en contrairo,
cujo poder einda sobr’el dura,
per ũa delas foi mui mal chagado
e pela outra cobrou priorado
u ten lazeira en logar de cura.
El rapou barva e fez gran coroa
e cerceou seu topet’espartido
e os cabelos cabo do oido,
cuidand’aver per i egreja boa;
mais Saturno lha guisou de tal renda
u non á pan nen vinho d’oferenda
nen de erdade milho pera borõa.
E, pois el é prior de tal prevenda,
conven que leix’a cura e atenda
a capelan igual da sa pessoa.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1325 (ff. 283v, col. b, 284r, col. a), V 931 (f. 147v, cols. a-b) [Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 200-201 [= LPGP 256-257]); Pagani (1971: 163-164); Lopes (2002: 520); Littera (2016: I, 277-278).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 318); Braga (1878: 174-175); Machado & Machado (1958: VI, 54-55).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 223); Correia (1978: 280); Tavares & Miranda (1987: 372-373); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 91); Diogo (1998: 208); Marcenaro (2006: 344-346); Fidalgo (2009a: 200).

Variantes manuscritas


1 Ora] Ota B; ja] i9 V; Mar[tin]] m̄r B : mr̄ V; certo] cerco V   2 planetas ... tragia] planeras ... trogia V   3 e] et V   4 encuberto] e cub’to B : encub’ro V   6 e] et V   7 deserto] debto B : debto V   8 bõa] boa B   10 das] des V; contrairo] cong̃yro B   11 dura]  dapa B   12 delas] đas V   13 e] et V   14 cura] cara B   15 rapou] tapou B; e] et V   16 e] et V   17 e] et V   20 d’oferenda] doferendo B   21 borõa] bon pa B   22 prevenda] p̃nendo V   23 cura] cusa B; atenda] arendo V

Variantes editoriais


1 Vaasquez] Vaasques Littera   3 malaventuradas] mal aventuradas Lapa, Pagani, Lopes   4 encuberto] encoberto Lapa, Lopes, Littera   7 nen ũa] nen huna Pagani : nẽũa Littera   8 bõa] boa Lapa, Lopes, Littera : bona Pagani   11 einda] ainda Lapa, Lopes, Littera : aynda Pagani   12 ũa] una Pagani   16 topet’] topete Lapa, Lopes   21 borõa] boroa Pagani, Lopes   24 capelan] capela Lapa, Lopes, Littera; da] à Lopes : a Littera

Paráfrase


(I) Agora xa sabe con certeza Martín Vaásquez os planetas que tinterpretara erradamente: Marte e Saturno, malaventurados, cuxo poder trae en si oculto, pois por Marte foi mal ferido nunha pelexa e por Saturno recibiu unha igrexa sen beneficio ningún en lugar deserto.
(II) Outros planetas de boa sorte achou ás veces no seu calendario; mais dos outros que lle son contrarios, cuxo poder aínda permanece sobre el, por un deles foi moi mal ferido e polo outro foille asignado un priorado onde sofre penalidades en lugar de ter cura.
(III) Rapou el a barba e fixo unha gran coroa e cortou o seu topete (que traía) con raia no medio e os cabelos de xunto á orella, pensando que así obtería unha boa igrexa; mais Saturno lla dispuxo de tal renda onde non hai pan nin viño para a ofrenda da misa nin nin hai millo miúdo para a broa.
(1) E xa que el é prior de tal prebenda, convén que deixe a cura e atenda ao capelán igual á súa persoa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10’c 10’c 10’a (= RM 161:207) + 10’c 10’c 10’a
Encontros vocálicos: 13 pri·o·ra·do; 21 de‿erdade; 22 pr·ior

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga está incluída na rúbrica colectiva feita para as tres cantigas de Estevan da Guarda contra Martin Vaasquez (UC 1340, 1341, 1342), e colocada nos cancioneiros entre as estrofas da primeira das composicións: Estas cantigas de cima foron feitas a ũu jograr que se prezava d’estrologo e el non sabia nada; e foi-se cercear, dizendo que averia egreja, e fazer coroa, e à cima ficou cerceado e non ouve a igreja; e fezeron-lhe estas cantigas por én.
    Martin Vaasquez é un xograr descoñecido, só citado por Estevan da Guarda e por D. Pedro de Portugal (UC 1451). No Projeto Littera (s.v. Martim Vasques) apúntase a un Martim Vaasquez, prior de Tábua, falecido em 1362. Tábua era señorío de Martim Vaasquez de Coinha, filiado nos Livros de Linhagens: 

    Este Martim Vaasquez de Coinha foi casado com dona Violante Lopez, filha de Lopo Fernandez Pacheco, senhor de Ferreira e privado d’el rei dom Afonso de Portogal, e de dona Maria Gomez e fez en ela don Vaasco Martiiz (Mattoso 1980: II/1, 378).

    Tal como se recolle en Marcenaro & González (2024: s.v. Martin Vaasquez), “l' omonimia e la probabile relazione tra i due Martin Vasques (da Cunha e il priore) potrebbero cosl essere state utilizzate per dirigere, all' epoca della guerra civile tra Don Denis e l’infante Afonso (1319-1324), degli scherni indiretti contra un parente prossimo di uno dei piu intimi seguaci di Afonso IV”.

  • 2

    Planeta, tamén no v. 8, é un forma erudita, incorporada tardiamente á lingua, co grupo inicial pl- e, moi raramente, con pr- (véxase nota a 7.44), que só se atesta a partir do século XIV. Neste sentido, no corpus das cantigas planeta aínda aparece como masculino en 1340.3 (fronte aos vv. 12 e 47) e mais en 1451.23.

  • 3

    Mars era o nome utilizado para Marte na lingua medieval (véxase CGPA, s.v.); era o deus da guerra, en canto Saturno era o deus da agricultura.

  • 4

    A forma palatalizada trax (tamén en 429.24, 540.7, 548.1, 1489.11) convive con traz, por súa vez forma concorrente coa xeral trage, que corresponde á P3 de presente indicativo de trager (< *tragere; véxase Ferreiro 1999: §220). A forma traz (e trax) anuncia a mudanza trager > trazer, que se consolidará no territorio portugués, con atestacións no derradeiro período medieval e sen testemuños claros en territorio galego, onde só localizamos nun documento, tamén serodio, de 1470 (et trazía en hua mao hua procuraçón; cfr. TMILG, s.v. trazía). Canto á palatalización, é o único caso en que se produce unha evolución -z > -x, para alén do nome propio importado Beatrix (véxase nota a 988.21), xa que a variante fix (= fiz) só se rexistra nun dos dous manuscritos en 361.3 (V vs. B) e 1031.15 (B vs. V). Véxase nota a 74.13.

  • 6

    A variante egreja (tamén na cantiga 1340.13, do mesmo Estevan da Guarda, alén de 487.22) convive coa maioritaria igreja e a rara egleja (878.8). De todos os modos, esta voz presenta numerosas variantes na produción medieval, onde sobrancea a forma eigreja. Véxase CGPA, s.v.

  • 9

    Conforme os datos de que dispomos, o calandairo da cantiga de Estevan da Guarda constitúe a primeira atestación desta voz na lingua. Reaparece despois na Vida e feitos de Júlio César:

    Eu ouvi muito falar das estronomias do Egipto e retive algũas cousas, assi que Quedoxres, que foi boo estronimo, nom poderia emendar no calandrairo que eu fiz, onde meti o dia do bisesto em nota (...) Deshi hordenou o calandairo e estabeleceo que os anos fossem de trezentos e sassẽeta e seis dias, segundo o sol corre polos doze signaaes, e achou o dia do bisexto e pose-o no quarto ano, e esmou-lhe certo lugar no calandairo (Mateus 2010: II, 288 e 369).

    Posteriormente, faise frecuente no século XV, en Gil Vicente e mais no Cancioneiro de Garcia de Resende.

  • 10

    A forma contrairo (do lat. contrarium), con metátese de iode mais sen evolución -ai- > -ei-, é forma verdadeiramente tardía. Nas cantigas só se rexistra en Estevan da Guarda (véxase tamén 1320.5 e 1328.18), para alén da Arte de Trobar: e o outro responda -lhe na outra dizend[o] o contrairo (Tavani 1999: 43). Con efecto, é voz que aparece a partir da segunda metade do século XIV (véxase CGPA, s.v. contrairo, contrayro).

  • 11

    A carón de ainda (e de inda) existe na lingua trobadoresca a forma einda (con evolución [aí] > [eí], cfr. reinha, seir etc.) que foi sistematicamente anulada pola acción editorial. Nesta cantiga, o mesmo que en 70.9 e 74.12 ou 330.15, os diversos editores (Lapa, Pagani, Lopes, Littera) evitaron ou emendaron esta variante en prol da maioritaria ainda1 . Cfr. nota a 70.9.

  • 14

    O substantivo cura ‘coidado, preocupación’ presenta poucas ocorrencias na lingua trobadoresca (véxanse 15.1, 360.20), mais nesta pasaxe xoga coa polisemia do termo entre o ‘coidado’ e o ‘clérigo’.

  • 16

    O topete (tamén en 494.20 e 1435.7) é ‘o cabelo da parte superior da cabeza’, que nun Sínodo de 1403 se mandaba cortar aos clérigos: 

    e mandamos que todollos clerigos doordẽes sacras ou beneficiados de quinze em quinze dias façam talhar os cabellos em maneira de cercilho e topete e rapar as coroas e as barvas em gissa que sejam conhecidos por clerigos (García y García 1982: 322).

    O topete espartido é, pois, o cabelo separado en dúas partes, para os dous lados da cabeza.

  • 17

    A locución prepositiva cabo de (tamén 149.5, 1382.10, 1388.5 e 7, 1507.15, 1509.5 e 1640.7) forma parte do conxunto de locucións construídas a partir da preposición cabo: de cabo (603.3), per cabo (1507.5) e en cabo de (1578.21). Cfr. nota a 326.19.

  • 21

    Obsérvese o hipérbato: «nen milho de erdade pera borõa» (obviamente, trátase do actualmente denominado millo miúdo ou paínzo).

  • 22

    Repárese en prevenda, sen dúbida cultismo recente que só presenta a grafía <v> nesta documentación, con outras tres ocorrencias que achamos no Corpus Galego-Portugués Antigo, onde está presente en igual medida a solución prebenda (presente nas Cantigas de Santa Maria).

  1. ^

    No TMILG (s.v.), para alén de aínda, einda e inda, aparecen outras variantes como aindas, ainde e mais einde, coa seguinte escala de ocorrencias: ainda (532), einda (83), inda (46), einde (5), ainde (5), aindas (1).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado