[last revised: 14/05/2021]Print

474 [= Tav 18,27]
Non quer’eu donzela fea

Non quer’eu donzela fea
que [ant]’a mia porta pea.
Non quer’eu donzela fea
e negra come carvon
que ant’a mia porta pea
nen faça come sison.
Non quer’eu [donzela fea
que ant’a mia porta pea].
Non quer’eu donzela fea
e velosa come can
que ant’a mia porta pea
nen faça come alerman.
Non quer’eu donzela fea
que ant’a mia porta pea.
Non quer’eu donzela fea,
que á brancos os cabelos,
que ant’a mia porta pea
nen faça come camelos.
Non quer’eu donzela fea
que ant’a mia porta pea.
Non quer’eu donzela fea,
velha de ma[a] coor,
que ant’a mia porta pea
nen faça i [o] peior.
Non quer’eu donzela fea
que ant’a mia porta pea.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscripts


B 476

Editions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 7-8 [= LPGP 152-153]); Paredesa (2001: 185); Pellegrini 1977: 27-28; Lopes (2002: 63); Paredesb (2010a: 165); Littera (2016: I, 90).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157-158); Machado & Machado (1950: II, 333-334); Paredes (2010b: 128-131); Paredes (2010c: 88-89); Rios Milhám (2018b: III, 474).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 250-251); Tavares & Miranda (1987: 293); Pena (1990: 242-243); Sansone (1990: 208-210); Alonso Girgado (1992: 19); Pena (1993: 141-142); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 53); Marcenaro (2006: 56-58); Magalhães (2007: 123).

Manuscript variants


5 ant’a] antha B   6 faça] ffata B   7 Non quer'eu] Nen querey B   12 nen faça] Non faca B   18 faça come camelos] faca cōm cameles B   19 eu] en B   22 velha] Veelha B   24 faça] faca B

Editorial variants


En Lapa, Lopes e en Paredes 2001, Paredes 2010 os vv. 1 e 3 de cada estrofa non son considerados como refrán.

12 alerman] alermã Lapa, Lopes, Littera   22 velha] veelha Pellegrini, Paredesa, Paredesb, Littera : [e] velha Lopes; coor] cor Lopes   24 nen] nen [me] Lapa : nen me Lopes, Littera; [o]] om. Lapa, Pellegrini, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera

Paraphrase


Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

(I) Non quero eu doncela fea e negra como carbón que peidee ante a miña porta nin que faga coma o sisón. Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

(II) Non quero eu doncela fea e peluda coma un can que peidee ante a miña porta nin que cheire coma a ruda brava. Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

(III) Non quero eu doncela fea que ten brancos os cabelos, que peidee ante a miña porta nin faga coma os camelos. Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

(IV) Non quero eu doncela fea, vella e de má cor, que peidee ante a miña porta ou que aínda faga alí algo peor. Non quero eu doncela fea que peidee ante a miña porta.

Metrics


Esquema métrico: 7’A 7b 7’A 7b 7’A 7’A (I, II, IV [= Tav 58:5]) + 7’A 7’b 7’A 7’b 7’A 7’A (III [= Tav 58:6])

Encontros vocálicos: 12 come‿alerman

Notes


Text
  • 2

    O verbo peer (<pedĕre ‘peidear’) está sempre ligado a cantigas de escarnio e de maldizer. Co significado latino aparece tamén en 1427.10, 1497.34 e 1529.6 e 27. Véxase nota a 1390.6.

  • 5

    En liña co peer da donzela fea aparecen diversas referencias ao longo da composición afonsina; neste verso, o sison, ave que expulsa gases fedorentos (véxase nota a 115.20).

  • 10

    O cualificativo veloso ‘peludo’ (<uĭllōsum) non volve aparecer na poesía profana, aínda que se rexistra nalgunha ocasión nas Cantigas de Santa Maria, na tradución galega da General Estoria e mais nos Livros de Linhagens, para alén da súa aparición como apelido (Veloso). Véxase CGPA, s.v. veloso, velosa(s).

  • 12

    A alerman é a ruda silvestre, que tamén se caracteriza por cheirar.

  • 18

    Lémbrese que os camelos tamén se caracterizan por cheiraren, especialmente os machos no período do cío.

  • 22

    A duplicación vocálica en <Veelha> velha non ten xustificación etimolóxica nin fonolóxica.

  • 24

    A omisión dunha sílaba neste verso resólvese coa reintrodución do artigo, presente na construción fazer o peor que se rexistra ao longo do corpus en concorrencia con fazer peor. Véxase, por exemplo, fezeron todo o peior (489.30), no propio Afonso X, para alén doutras aparicións, como en 382.3, 1237.22 ou 1672.18; deste xeito, faça fica sen CI (cfr. [me] en Lapa, Paredes e Lopes), en paralelo cos vv. 6, 12 e 18.

Search
    No results