617 [= Tav 25,77]
Pois que diz meu amigo

Pois que diz meu amigo
que se quer ir comigo,
pois que a el praz,
praz a mí, ben vos digo:
éste o meu solaz.
Pois diz que toda via
nos imos nossa via,
pois que a el praz,
praz-m’e vej’i bon dia:
éste [o meu solaz].
Pois de me levar vejo
que éste o seu desejo,
pois que a el praz,
praz-mi muito sobejo:
éste [o meu solaz].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 600, V 203

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 97-98 [= LPGP 212-213]); Nunes (1973 [1928]: 51); Cohen (2003: 637); Littera (2016: I, 240).
II. Outras edicións: Moura (1847: 189-190); Monaci (1875: 79-80); Braga (1878: 40-41); Machado & Machado (1952: III, 236-237); Júdice (1997: 54); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 4); Pimpão (1942: 76); Torres (1977: 263).

Variantes manuscritas


3 a el] del V   4 digo] diguē B : digue V   7 nos] nō V   11 de me] me de BV   13 praz] paz V

Variantes editoriais


2 comigo] commigo Lang   3 pois] [e] pois Nunes; que a] qu’a Lang   5 éste] [e] est’é Lang : est’é Nunes, Littera   8 pois] [e] pois Nunes; que a] qu’a Lang   10 éste] est’é Nunes, Littera : [e] est’é Lang   11 de me] m’e[n]de Lang, Littera : m’e[n] de Cohen   12 éste] est’é Lang, Nunes, Littera   13 pois] [e] pois Nunes; que a] qu’a Lang   15 éste] [e] est’é Lang : est’é Nunes, Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 6’a 6’a 5B 6’a 5B (cfr. Tav 33:24)

Encontros vocálicos: 5 éste‿o; 10 éste‿o; 12 éste‿o; 15 éste‿o

Notas


Texto
  • 3-5

    Para alén da segmentación est’é, que sería posíbel, as emendas e intervencións editoriais de Lang e Nunes son inxustificadas.

  • 8

    Nótese a presenza e conservación da forma descendente de īmus, directamente derivada da P4 do lat. īre (tamén en 1525.19, 1576.10).

  • 11

    A diferenza de todos os editores, só intervimos no texto subministrado polos manuscritos para trocar a posición (agramatical) da preposición e o pronome, cun texto algo escurecido polo hipérbato: «Pois vejo que o seu desejo éste de me levar...».

Buscar
    Non se atopou ningún resultado