617 [= RM 25,77]
Pois que diz meu amigo

Pois que diz meu amigo
que se quer ir comigo,
pois que a el praz,
praz a , ben vos digo:
éste o meu solaz.
Pois diz que toda via
nos imos nossa via,
pois que a el praz,
praz-m’e vej’i bon dia:
éste [o meu solaz].
Pois de me levar vejo
que éste o seu desejo,
pois que a el praz,
praz-mi muito sobejo:
éste [o meu solaz].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscrits


B 600, V 203

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 97-98 [= LPGP 212-213]); Nunes (1973 [1928]: 51); Cohen (2003: 637); Littera (2016: I, 240).
II. Outras edicións: Moura (1847: 189-190); Monaci (1875: 79-80); Braga (1878: 40-41); Machado & Machado (1952: III, 236-237); Júdice (1997: 54); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 4); Pimpão (1942: 76); Torres (1977: 263).

Variantes manuscrites


3 a el] del V   4 digo] diguē B : digue V   7 nos] nō V   11 de me] me de BV   13 praz] paz V

Variantes éditoriales


2 comigo] commigo Lang   3 pois] [e] pois Nunes; que a] qu’a Lang   5 éste] [e] est’é Lang : est’é Nunes, Littera   8 pois] [e] pois Nunes; que a] qu’a Lang   10 éste] est’é Nunes, Littera : [e] est’é Lang   11 de me] m’e[n]de Lang, Littera : m’e[n] de Cohen   12 éste] est’é Lang, Nunes, Littera   13 pois] [e] pois Nunes; que a] qu’a Lang   15 éste] [e] est’é Lang : est’é Nunes, Littera

Paraphrase


(I) Porque di o meu amigo que se quere ir comigo, xa que a el lle prace, práceme a min, ben vos digo: é o meu gozo.

(II) Porque di que de todas as maneiras nos imos de camiño, xa que a el lle prace, práceme e paréceme un día feliz: é o meu gozo.

(III) Porque vexo que levarme con el é o seu desexo, xa que a el lle prace, práceme a min moitísimo: é o meu gozo.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 6’a 6’a 5B 6’a 5B (cfr. RM 33:24)

Encontros vocálicos: 5 ésteo; 10 ésteo; 12 ésteo; 15 ésteo

Notes


Texte
  • 3-5

    Para alén da segmentación est’é, que sería posíbel, as emendas e intervencións editoriais de Lang e Nunes son inxustificadas.

  • 5

    O provenzalismo solaz ‘gozo, prazer’, amplamente usado na poesía, incluídas as Cantigas de Santa Maria (véxase Mettemann 1959-1972: IV, s.v. solaz) estendeuse na Idade Media tamén para a prosa, onde se achan múltiplas ocorrencias (véxase CGPA, s.v.).

  • 8

    Nótese a presenza e conservación da forma descendente de īmus, directamente derivada da P4 do lat. īre (tamén en 1525.19, 1576.10).

  • 11

    A diferenza de todos os editores, só intervimos no texto subministrado polos manuscritos para trocar a posición (agramatical) da preposición e o pronome, cun texto algo escurecido polo hipérbato: «Pois vejo que o seu desejo éste de me levar...».

Rechercher
    Aucun résultat trouvé

    Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
    Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :

    ParamètresAccepter