438 [= Tav 157,15]
[D]izedes vós, sennor, que vosso mal

[D]izedes vós, sennor, que vosso mal
seria se me fezessedes ben,
e non tenn’eu que fazedes bon sén
en me leixardes en poder d’Amor
morrer, pois eu non quero min nen al
atan gran ben come vós, mia sennor.
Ben me podedes vós leixar morrer,
se quiserdes, come sennor que á
end’o [poder]; mais sabed’ora ja
que seria de me guarir mellor,
pois eu non sei eno mund’al querer
atan gran ben come vós, mia sennor.
Sempre vos eu, sennor, consellarei
que me façades ben por me guarir
de mort’, e vós devedes-mi-o gracir,
ca mal sera se por vós morto for,
pois eu non quis no mund’al nen querrei
atan gran ben come vós, mia sennor,
ca nunca dona vi nen veerei
con tanto ben come vós, mia sennor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 273

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 537-538 [= LPGP 982-983]); Fernández Graña (2007: 355); Littera (2016: II, 569).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 161-162); Machado & Machado (1960: VII, 55-56); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 438).

Variantes manuscritas


13 vos] uos A

Variantes editoriais


En Michaëlis o 5º verso de cada estrofa forma parte do refrán.

13 vos] vos Michaëlis

Paráfrase


(I) Vós dicides, señora, que, se me fixésedes ben, sería mal para vós, e eu non considero que obredes con sentido ao me deixardes morrer en poder de Amor, pois eu non me quero a min nin a cousa ningunha tanto como a vós, miña señora.

(II) Ben me podedes vós deixar morrer se quixerdes, como señor que ten o poder para iso (de obrar así); mais sabede agora que me sería mellor salvarme, pois eu non sei querer no mundo cousa ningunha tanto como a vós, miña señora.

(III) Eu sempre vos aconsellarei, señora, que me fagades ben para me librar de morte, e vós debédesmo agradecer, porque mal estará se eu morro por vós, pois eu non quixen no mundo cousa ningunha nin a quererei tanto como a vós, miña señora, (1) porque nunca vin nin vererei dona con tanto ben coma vós, miña señora.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10C + 10a 10c (= Tav 183:10)

Encontros vocálicos: 15 -mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é considerada anónima.

  • 5

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 9

    O substantivo poder, atribuído á sennor –do mesmo modo que tamén é atribuído a Deus en numerosas pasaxes similares; véxanse 68.25-26, 518.19, 561.1-6 etc.–, resolve perfectamente a lacuna no Cancioneiro da Ajuda.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado