I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 284-285); Rodríguez (1980: 283 [= LPGP 372]); Lopes (2002: 189); Littera (2016: I, 470-471); Arias Freixedo (2017: 188).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 373-374); Braga (1878: 205); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 128); López-Aydillo (2023: 334-335); Machado & Machado (1958: VI, 168-169); Fernández Pousa (1959: 283); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2011: 41; 2015: 64; 2025: 71).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 122); Arias Freixedo (1993: 129-130); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 124).
1 que non] Que nō que nō B 3 da Cana porque] \da/ tana por qe V 4 Airas] nayras BV; sen-razon] sen irazon B 9 Fumca lhi chamana sonō senhor B : nunc(h)alhy c\h/ama ua senō senõ V 10 queria] q̅ra V 11 logo] lego B 13 metede-a ja] Medeaya B 14 ca o] eno V; o] e BV 15 quando] q̅ndo V; Airas] eytas B 16 Mor] < + > B; Cana] caua B : cuua V 17 logo] lego B; matar] marar V 18 en] eu B 20 e] et V 21 que] quē B; torto] t̄ro V 22 nos] nos BV
1 mal fazedes] que mal fazedes Lopes 4 Joan Airas] Joan’Airas Lopes, Littera 13 ele] el Lopes, Littera 15 Joan Airas] Joan’Airas Lopes, Littera 22 quen nos] quẽ-nos Lapa : quen’os Lopes, Littera
(I) Ai Xustiza, obrades mal, porque non queredes aplicar o dereito a Mor da Cana por matar Joán Airas, pois fixo algo desasisado; mais, se queredes facer xustiza, debédela meter a ela debaixo del, pois así o manda o Libro de León, (II) porque a quería moito e ademais nunca lle chamaba outra cousa senón «señora»; e cando el mellor a quería foino ela alí mesmo matar; mais, Xustiza, pois tan grave crime cometeu, metédea xa debaixo del unha vez, pois así o manda o dereito.
(III) E, cando máis confiaba Joán Airas en que obtería o amor de Mor da Cana, foino ela matar por iso tan pronto como el entrou no seu poder; mais, Xustiza, xa que isto xa foi así, métana debaixo del, e así padecerá a que con grande inxustiza o matou.
(1) E quen os vexa xacer xuntos dirá: «Bieito sexa aquel que este caso xulgou!».
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:34) + 10c 10a
Encontros vocálicos: 13 ele‿ũ·a; 23 seja‿aquel
Esta cantiga, igual que as cantigas 213, 270, 926 ou 960, entre outras, presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas II e III (con ligazón causal nas estrofas I-II) que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda atá a fiinda. Véxase nota á cantiga 74.
Mor da Cana podería ter relación familiar co trobador Pae da Cana, tamén compostelán como Joan Airas (véxase Marcenaro & González 2024: s.v. Mor da Cana). A forma Mor evidencia unha profunda evolución a partir do lat. maiorem, visto que a forma antroponímica esmagadoramente maioritaria é Maior. En todo o caso, os da Cana conformaron unha das parentelas máis consolidadas entre as elites da Compostela medieval.
Nótese a autonominatio en Joan Airas (cfr. a cantiga 1481).
Ela é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.
O livro de Leon (Michaëlis 2004: 117-120), mencionado tamén en Vaasco Gil (1531.7), parece remitir á mesma tradición xurídica que o foro de Leon, citado por Airas Perez Vuitoron (1505.3), Afons’Eanes do Coton, (1591.16) e Paai Gomez Charinho (1636.15). A identificación precisa destas referencias non está, porén, exenta de dificultades, pois poden aludir tanto ao conxunto de disposicións lexislativas promulgadas por Afonso V de Galiza e León a comezos do século XI, coñecidas como Fuero de León, como ao Liber Iudiciorum, compilación lexislativa visigótica que continuou vixente no reino leonés e cuxa versión romance recibiu o nome de Fuero Juzgo. Carolina Michaëlis de Vasconcelos (2004: 117-118) relaciona estas referencias coa prolongada vixencia do dereito visigodo en León, mesmo despois da unión dos reinos de Galiza, León e Castela baixo Fernando III e das reformas lexislativas de Afonso X. A autora lembra, ademais, que o Liber Iudiciorum tamén se aplicou noutros territorios peninsulares e que en Santiago de Compostela e nas localidades dependentes da súa xurisdición se admitía, cando menos, a apelación ao Libro. Daquela, as alusións trobadorescas ao livro ou foro de León neste contexto funcionan como referencias a unha autoridade xurídica recoñécíbel para o público coetáneo, sen que de momento nos sexa posíbel identificar con absoluta seguridade o texto legal concreto ao que remiten.
Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.
O texto parece suxerir que “o homicida, vivo, deveria jazer, no túmulo, debaixo da sua vítima”; mais Michaëlis confima que “[e]sta disposição não se acha, de modo algum, no texto ao qual se refire o poeta satírico, mas, sim, em território espanhol, nos forais de Cuenca, Sepúlveda, Baena e Plasência, e no português, unicamente no foral das localidades francas Lourinhã e Marmelar” (Michaëlis 2004: 119-120). Porén, por mor do enterramento so el, Michaëlis (p. 129) alude a unha disposición legal de Afonso X en El Espéculo o espejo de todos los derechos, onde no título VIII, lei IV (Que pena deve aver qui desonrase, o firiese, o matase a otro en hueste, o en cavalgada) se estabelece o seguinte: “E qui matare a otro, metanle so el muerto” (coa seguinte variante de redacción: “E quien en la hueste o en el real matare a otro, metanle vivo so el muerto asi a entramos”) (cfr. Real Academia de la Historia 1836: 123).