(I) Ai Xustiza, obrades mal, porque non queredes aplicar o dereito a Mor da Cana por matar Joán Airas, pois fixo algo desasisado; mais, se queredes facer xustiza, debédela meter a ela debaixo del, pois así o manda o Libro de León, (II) porque a quería moito e ademais nunca lle chamaba outra cousa senón «señora»; e cando el mellor a quería foino ela alí mesmo matar; mais, Xustiza, pois tan grave crime cometeu, metédea xa debaixo del unha vez, pois así o manda o dereito.
(III) E, cando máis confiaba Joán Airas en que obtería o amor de Mor da Cana, foino ela matar por iso tan pronto como el entrou no seu poder; mais, Xustiza, xa que isto xa foi así, métana debaixo del, e así padecerá a que con grande inxustiza o matou.
(1) E quen os vexa xacer xuntos dirá: «Bieito sexa aquel que este caso xulgou!».