1260 [= Tav 95,2]
Amigas, sejo cuidando

Amigas, sejo cuidando
no meu amigo porque non
ven, e sal-m’este coraçon
e estes olhos chorando,
que me non pode guarir ren
de morte se cedo non ven.
E ando maravilhada
porque tanto tarda, se é
viv’e sab’én, per bõa fe,
ca viv’oj’eu tan coitada
que me non pode guarir ren
[de morte se cedo non ven].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1244, V 849

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 414-415 [= LPGP 632]); Fernández Graña (1994: 91); Cohen (2003: 479); Littera (2016: II, 110).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 292); Braga (1878: 160); Machado & Machado (1956: V, 358); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 72); Celeiro Álvarez (2021: 106).

Variantes manuscritas


2 no] non V   3 ven] nē V   7 maravilhada] m̃uilhada B   9 bõa] boa B   10 viv’oje eu] uyuieu B

Variantes editoriais


9 sab’én] sabe Nunes, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Amigas, estou pensando no meu amigo porque non vén, e desexo con paixón e choran estes ollos porque non me pode cousa ningunha salvar da morte se el non vén axiña
(II) E estou marabillada porque tarda tanto, se está vivo e sabe isto, abofé, pois vivo hoxe eu tan triste que non me pode cousa ningunha salvar da morte se el non vén axiña.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 7’a 8b 8b 7’a 8C 8C (= Tav 160:424)

Notas


Texto
  • 1

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

  • 3

    A P3 de presente de indicativo de sair presenta a forma sal, evolución directa de salĭt (cfr. sŏlet > sol, dŏlet > dol etc.), regularizada modernamente na lingua.

  • 5

    O refrán presenta variación funcional de que, causal na estrofa I e consecutivo na estrofa II. Cfr. nota a 27.4.

  • 9

    Ás veces os editores (e nomeadamente Michaëlis, véxase nota a 37.28) mostran certa tendencia a non recoñecer o pronome én na parte final de secuencias que deben ser segmentadas (véxanse tamén 274.21 e 854.14).

     

Buscar
    Non se atopou ningún resultado