248 [= Tav 148,19]
Preguntou Joan Garcia

Preguntou Joan Garcia
da morte de que morria,
e dixe-ll’eu toda via:
«A morte desto se m’ata:
Guiomar Afonso Gata
ést’a dona que me mata».
Pois que m’ouve preguntado
de que era tan coitado,
dixe-ll’eu este recado:
«A morte desto xe m’ata:
Guiomar Afonso Gata
[ést’a dona que me mata]».
E dixe-ll’eu, ja vos digo,
a coita que ei comigo,
per boa fe, meu amigo:
«A morte desto se m’ata:
[Guiomar Afonso Gata
ést’a dona que me mata]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 142, B 263

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 286 [= LPGP 928]); Lopes (2002: 452); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 198); Littera (2016: II, 488-489).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 111); Carter (2007 [1941]: 86); Machado & Machado (1950: II, 40-41); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 248).
III. Antoloxías: Torres (1977: 404); Alvar & Beltrán (1989: 248-249); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 222); Diogo (1998: 115).

Variantes manuscritas


1 Preguntou] Pregoutou A   2 morria] morrea A : moiria B   3 dixe] dixi B   4 A] om. A; se] xe B   9 dixe] dixi B   13 E] {e} A; ja] bōo B; vos] uos A   16 se] xe B

Variantes editoriais


3 dixe] dixi Lopes   4 se] xe Lopes, Littera; m’ata] mata Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   9 dixe] dixi Lopes   10 m’ata] mata Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro   13 E dixe-ll’eu, ja vos digo] Dixe-lh’eu «ja vus digo Michaëlis : Dixe-lh’eu bem: –Já vos digo Lopes, Littera : E dixell’eu: «Ja vos digo Lorenzo Gradín & Marcenaro   15 boa] bõa Michaëlis, Littera   16 se] xe Lopes, Littera; m’ata] mata Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro

Paráfrase


(I) Preguntou(me) Joan Garcia de que morte morría, e díxenlle eu de calquera modo: «A morte vénme disto: Guiomar Afonso Gata é a dona que me mata».

(II) Despois de me preguntar por que estaba tan coitado, deille eu esta información: «A morte vénme disto: Guiomar Afonso Gata é a dona que me mata».

(III) E díxenlle eu, xa vos digo, a coita que teño comigo, abofé, meu amigo: «A morte vénme disto: Guiomar Afonso Gata é a dona que me mata».
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’a 7’a 7’B 7’B 7’B (= Tav 19:40)

Encontros vocálicos: 5 Gui·o·mar; 11 Gui·o·mar; 17 Gui·o·mar

Notas


Texto
  • 1

    Joan Garcia é, talvez, o trobador Joan Garcia de Guilhade.

  • 4

    A segmentación de <mata> de modo que transpareza o verbo atar (m’ata), en rima con mata no terceiro verso do refrán, parece indubitábel do punto de vista rimático e semántico (‘a morte provenme disto: ...’).

  • 5

    Guiomar Afonso Gata, documentada nos Livros de Linhagens, é irmá de Lopo Afonso Gato, personaxe que aparece na xesta de maldizer de Afonso Lopez de Baian (cantiga nº 1489). Cfr. Este pero paaez curuo foy casado cõ dona guyomar afonso gata filha de dõ afonso perez gato (Brocardo 2005: 88).

  • 6

    Nótese a variación do refrán a partir da lección de A, coa alternancia se - xe - se (sempre xe en B) nas tres estrofas. Véxase nota a 102.26. Cfr. nota a 27.4-6.

  • 13

    Michaëlis e Lopes omitiron a copulativa inicial do verso, coa conseguinte hipometría que se deriva de tal supresión. Pola súa parte, en Littera omítese tamén a copulativa mais introdúcese o adverbio bem a partir do <bõo> de B (que omitía ja) para compensar metricamente o verso.

  • 13-18

    En todas as anteriores edicións se rompe a simetría compositiva da cantiga ao considerar que o parlamento directo é iniciado con ja vos digo, frase que interpretamos como unha expresión parentética similar a ben vos digo (véxase nota a 551.3) ou ben vo-lo digo (véxase nota a 595.3): para alén da lóxica discursiva, tal interpretación é apoiada tamén pola errada lección <bōo> de B, que semella un lapso por <ben> ou <> da frase formularia ben vos digo.

    Porén, aínda habería unha outra posibilidade intermedia para articular a estrofa, de modo que meu amigo achase diferente acomodo sintáctico-semántico:
              E dixe-ll’eu, ja vos digo,
              a coita que ei comigo:
              «Per boa fe, meu amigo,
              a morte desto se m’ata: / ...

Buscar
    Non se atopou ningún resultado