1433 [= RM 79,16]
Don Vuitoron, o que vos a vós deu

Don Vuitoron, o que vos a vós deu
sobre-los trobadores a julgar,
ou non sabia que x’era trobar
ou sabia como vos trobei eu,
que [vos] trobei duas vezes mui ben;
e, se vos el fez[o] juiz por én,
de vós julgardes outorgo-vo-l’eu.
E, se vos el por esto fez juiz,
Don Vuitoron, devede-l’a seer,
ca vos soub’eu dous cantares fazer,
sen outros seis ou sete que vos fiz,
per que devedes julgar con razon;
[............................................... -on]
julgad’os cantares que vos eu fiz.
E, pois julgardes como vos trobei,
e ar chamad’o comendador i,
que fezeron comendador sen mí
de mias comendas, per força de rei;
e o que ora nas alças está,
se o en d[er]eit’ei, entregar-mi-as-á,
ca todas estas son forças de rei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manoscritti


V 1023 (f. 165r, col. b, 165v, col. a)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edizioni


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 360 [= LPGP 531-532]); Lopes (2002: 249); Correia (2016: 78-79); Littera (2016: I, 622).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 353-354); Braga (1878: 194); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 46-47); Machado & Machado (1960: VII, 121).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 172).

Varianti manoscritte


1 Vuitoron] buytorom V   6 juiz] uiys V   7 julgardes] uilgardes V   11 seis] sex V   18 força] forza V   21 forças] forçadas V

Varianti editoriali


5 [eu]] om. Lapa, Lopes, Correia, Littera   6 fez[o]] fez Lapa, Lopes, Correia, Littera   8 por] per Correia   13 [e poren vos digo, Don Vuitoron] Lapa : [e por en vos digo, Dom Vuitorom] Littera

Parafrasi


(I) Don Vuitoron, quen vos escolleu de entre os trobadores para os xulgar, ou non sabía que era trobar ou sabía como eu vos trobei, porque vos trobei dúas veces moi ben; e se el vos fixo xuíz por ese motivo, concédovos que xulguedes.
(II) E se el por isto vos fixo xuíz, Don Vuitoron, debédelo ser, porque eu vos souben facer dous cantares, sen contar outros seis ou sete que vos fixen, polo que con razón debedes xulgar [...] xulgade os cantares que eu vos fixen.
(III) E despois de xulgardes como vos trobei, chamade tamén alí o comendador, a quen fixeron comendador das miñas encomendas sen me consultar a min, por mandado do rei; e o que agora está nos tribunais de alzada, se o teño por dereito, ha de mo devolver, pois todo isto son ordes do rei.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:55)

Encontros vocálicos: 20 oen, -mi͜-as-

Note


Testo
  • *

    Esta cantiga constitúe unha resposta a Joan Soarez, pero vós teedes, de Vuitoron (UC 1501): Coelho admite a autoridade de Vuitoron para xulgar con base nos cantares que lle fixo Coelho: “A interpretação permitida pelo texto é que Joam Soares Coelho teria feito algumas das cantigas que Vuitorom deu como suas” (Correia 2016: 153-154). Porén, na terceira estrofa a usurpación das cantigas é substituída por usurpación das comendas, alusión que deberá ser inscrita no contexto político de transición entre Sancho II e Afonso III, en que os dous trobadores estarían en faccións contrarias (véxase Correia 2016: 156-158). A composición de Coelho, pois, aínda que marxinalmente, forma parte da polémica poética coñecida como «ciclo das amas», orixinada pola cantiga Atal vej’eu aqui ama chamada, de Joan Soarez Coelho (véxase UC 274). Sobre a cantiga véxase a análise recollida en Neto (2012: 17-23).

  • 1

    Nótese o uso do tratamento Don directamente co apelido de Airas Perez Vuitoron, en liña cos usos habituais na Idade Media, en que don podía preceder, tamén, a función (don abade, por exemplo). Véxase unha sintese sobre Don Vuitoron e a súa posíbel identificación social en Marcenaro & González (2024: s.v. Vuitoron, Don).
    Por outra parte, a lección <buytorom> para Vuitoron en V mostra o erro <b>/<v> (para o erro inverso véxase nota a 114.10) que se rexistra especialmente no Cancioneiro da Vaticana: <bon> V vou (1441.17); <beio ra> V vej’ora (1449.5); <vermelho> B, <bermelho> V vermelho (1612.11).

  • 2

    O encontro da preposición latina super co artigo, sŭper+ĭllum, produciu un resultado con asimilación da secuencia [ɾ-l] que desembocou en sobe-lo, forma moi frecuente nas Cantigas de Santa Maria, fronte a unha única ocorrencia no corpus profano (723.1). No entanto, a forma sobre-lo(s)/a(s), con refacción por influencia de sobre ten máis rexistros nas cantigas trobadorescas (véxase tamén 1035.20, 1096.24, 1164.1 e 4, 1631.10, 1636.17, 1676.12), en liña coa súa alta frecuencia nos textos medievais1 .

  • 5-6

    Estes dous versos, tal como foron transmitidos polo Cancioneiro da Vaticana, serían hipométricos (eneasílabos); porén, a repetición da construción vos trobei do v. 3 e a reiterada utilización de fezo por parte de Joan Soarez Coelho (269.17, 277.17, 278.11, 286.2) permite restaurar a medida decasilábica dos versos.

  • 11

    A lección <sex> de V constitúe un frecuente latinismo para seis, que se pode achar en todo tipo de textos, e tamén nas cantigas: 1369.3, 1466.3, 1467.11 e 17 (<ssex> e <sex> BV), 1507.2 (<sex> BV), xunto con <seix> en 1594.17.

  • 16

    A conxunción copulativa e nesta pasaxe é directamente expletiva, tal como acontece noutros contextos ao longo dos cancioneiros (véxase UC/Glosario, s.v. e, uso 6).

  • 19

    A voz alça significa ‘recurso xudicial, apelación’. Véxase no Foro Real

    Tercio decimo titulo dos preytos acabados q(ue) nõ seyã mays demandados. Quarto decimo titulo dos juyz[o]s fijdos como se deuẽ a (con)prir XVo titulo das alças q(ue) se alçam duu juizo a outro (cfr. CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira).

  • 20

    No verso hai que considerar a sinalefa o‿en, similar a outras rexistradas no corpus entre o pronome o e diversos elementos (verbos, nomes etc.): o‿ouvesse (8.17), o‿Ele (67.19), o‿ei (291.19, 1571.3), o‿er (498.10), o‿eu (983.24 e 25, 1215.2), o‿aprendestes (1430.21), o‿oistes (1531.17), o‿ome (1613.12). Cfr. nota a 56.10.

  1. ^

    O mesmo proceso que levou a sobre-lo pode verse en entre-lo(s)/a(s), a partir de ĭnter + ĭllum, aínda que non se rexistra o resultado *ente-lo(s)/a(s). Véxase CGPA, s.v. entrelo/a(s), entrello/a(s).

Cerca
    Nessun risultato trovato