UCollatio

Texto crítico
1Ben sabia eu, mia senhor,
2que, pois m’eu de vós partisse,
3que nunca veeria sabor
4de ren, pois vos eu non visse,
5porque vós sodes a melhor
6dona de que nunca oisse
7omen falar,
8ca o vosso bõo semelhar
9sei que par
10nunca lh’omen pod’achar.
-
11E, pois que o Deus assi quis,
12que eu sõo tan alongado
13de vós, mui ben seede fis
14que nunca eu sen cuidado
15én viverei, ca ja Paris
16d’amor non foi tan coitado
17nen Tristan:
18nunca sofreron tal afan
19nen [o] an
20quantos son nen seeran.
-
21Que farei eu, pois que non vir
22o mui bon parecer vosso?
23Ca o mal, que vos foi ferir,
24aquele x’ést[e] o nosso,
25e por ende per ren partir
26de vos muit’amar non posso
27nen farei;
28ante ben sei ca morrerei
29se non ei
30vós, que sempre i amei.