221 [= Tav 43,18]
Sennor fremosa, que sempre servi

Sennor fremosa, que sempre servi,
se Deus me leixe de vós ben aver,
pero mi-o vós non queredes creer,
des aquel dia, sennor, que vos vi,
sen vosso grado me vos faz Amor,
e sen o meu, querer gran ben, sennor.
E, mia sennor, assi Deus me perdon
e me dé cedo, sennor, de vós ben,
que eu desejo máis que outra ren,
des que vos vi, mia sennor, des enton
sen vosso grado me v[os] faz Amor,
[e sen o meu, querer gran ben, sennor].
E, mia sennor, assi m’ajude Deus
escontra vós, que me faz tant’amar
que non sei i consello que fillar,
des que vos viron estes ollos meus
sen vosso grado me v[os] faz Amor,
[e sen o meu, querer gran ben, sennor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


A 121, B 237

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 250); Spampinato Beretta (1987: 104-106 [= LPGP 298]); Littera (2016: I, 321-322).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 101); Carter (2007 [1941]: 74); Machado & Machado (1949: I, 385); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 221).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 33).

Varianti manoscritte


4 vos] uus A   5 sen] Senº B; vos] uos A; faz] fez B   7 me] mj B    8 me] mj B   9 que] ca B   10 vos] uus A   11 v[os] faz] fez B   14 escontra] escout̃   16 vos] uos A : om. B   17 v[os] faz] fez B

Varianti editoriali


4 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   5 vos] vos Michaëlis, Spampinato Beretta   8 dé] dê MichaëlisSpampinato Beretta, Littera   10 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   16 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta

Parafrasi


(I) Señora fermosa, que sempre servín –así Deus me deixe recibir ben de vós–, aínda que vós non mo queredes crer, desde aquel día en que vos vin, señora, contra a vosa vontade, e contra a miña, Amor faime amarvos, señora.

(II) E, miña señora –así Deus me perdoe e me dea cedo o voso ben, que eu desexo máis que ningunha outra cousa–, desde que vos vin, miña señora, desde entón contra a vosa vontade, e contra a miña, Amor faime amarvos, señora.

(III) E, miña señora –así Deus me axude contra vós, que me fai tanto amar que non sei que remedio tomar ao respecto–, desde que vos viron estes meus ollos contra a vosa vontade, e contra a miña, Amor faime amarvos, señora.
 

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:54)

Encontros vocálicos: 3 mi-‿o

Note


Testo
  • 2

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se. En calquera caso, o texto ofrece paralelismo construtivo con estas cláusulas desiderativas, que nos v. 7 e 13 van introducidas por assi.

  • 5

    Como acontece con certa frecuencia, percíbese unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal faz, presente histórico, fronte a fez, forma de pretérito no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase 130.10, 217.4, 303.1); con todo, noutras pasaxes acontece exactamente ao contrario. Véxase nota a 193.3.

  • 9

    Os datos subministrados polos cancioneiros revelan que as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Cerca
    Nessun risultato trovato